O Carballiño ofrece a recreación de «A Liorta»

La Voz

O CARBALLIÑO

MIGUEL VILLAR

La feria medieval se celebra durante todo el fin de semana

21 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá • Todo o día (Recreación dramatizada ás 21.00 horas na Praza da Veracruz) • A vila do Carballiño abriu onte unha nova edición da feira medieval «A Liorta», que rememora as disputas entre o mosteiro de Oseira e Cea pola creación do mercado que deu orixe ao pobo. Os postos da feira están repartidos por todo o casco urbano e as actividades comezarán ás 11.00 horas, momento no que se abrirá ao público o mercado e iniciarán o traballo nos obradoiros. A esa mesma hora haberá tiro con arco na Praza da Veracruz a abre a exposición de aves rapaces. Ao longo de toda a xornada poderase disfrutar de propostas como o percorrido dos xoglares, os combates medievais, os pasarrúas dos diferentes grupos e as sesións de contacontos. O acto central da xornada será a recreación dramatizada dos feitos nos que se inspira «A liorta». Xunto á igrexa da Veracruz escenificarán os membros do grupo de teatro Tiruleque a montaxe «Historia torta acaba en liorta».