O Carballiño abre ao público a mostra colectiva «Ar(t)enteiro»

La Voz

O CARBALLIÑO

cedida

O Centro de Estudios Chamoso Lamas reúne no Auditorio Manuel María a obra de 41 artistas

22 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 21 de marzo • 20.00 horas (inauguración). Martes a sábados: de 18.00 a 21.00 horas. Domingos e festivos: de 12.00 a 14.00 horas • Auditorio Manuel María • O Centro de Estudios Chamoso Lamas desenvolve un programa de actividades anuais que inclúe diferentes propostas e iniciativas. Entre elas figura, nos últimos anos, a organización de mostras nas que teñen presenza, de xeito destacado, os artistas do occidente ourensán.

 

Esta tarde o Auditorio Manuel María acolle a inauguración da nova proposta artística do Chamoso Lamas: o proxecto «Ar(t)enteiro». Para desenvolver a iniciativa contaron coa colaboración do Concello do Carballiño.

Na exposición inclúense obras de 41 artistas. Entre outros participan cos seus traballos Edelmiro Álvarez Canitró, Felipe Bardelás, Fernando Blanco, Albert Brull, Chicho e Xesús Carballido, Laura Cascán, Ana María Ferreiro, Juan Hallen, Miguel García Fernández, Ignacio Granero, Felipe Senén López, Manuel «Lanchas», Ana Lorenzo, Laura Miranda, Acisclo Novo, José Moleiro, Ari Quintas, Elena G. Rodríguez, Juan Valcárcel e Xosé Vilamoure.