Arqueoloxía galega a vista de paxaro, no Arquivo Histórico

OURENSE CIUDAD

ALBERTO LÓPEZ

Esta mostra pode verse desde onte ata o 15 de xuño

21 abr 2018 . Actualizado a las 19:27 h.

O Arquivo Histórico Provincial de Lugo inaugurou onte a exposición Voando o pasado. Fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia, organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O obxectivo é dar a coñecer os usos e posibilidades da fotografía aérea para o coñecemento, conservación e revalorización do patrimonio arqueolóxico, pero tamén pretende poñer en valor a beleza e a espectacularidade das imaxes expostas.

ALBERTO LÓPEZ

A mostra estrutúrase en oito grupos temáticos, por medio dos que se van analizando as diversas achegas da fotografía aérea á arqueoloxía e aos distintos tipos de xacementos, desde os que se corresponden á paisaxe monumental castrexa aos relacionados co encastelamento medieval.

A mostra poderá verse na sala de exposicións temporais ata o 15 de xuño, de 8.30 a 20.30 horas.