Enrico Onofri dirixirá o concerto da Real Filharmonía de Galicia

La Voz

OURENSE CIUDAD

XOAN A. SOLER

A formación actuará na tarde do venres no Teatro Principal de Ourense

22 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 25 • 20.00 horas • Teatro Principal • De 10 a 15 euros • A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos e a segunda das actuacións, a primeira será o xoves en Compostela, traerá a esta formación ao Teatro Principal de Ourense.

Para estas citas a Real Filharmonía de Galicia contará coa presenza do mestre italiano Enrico Onofri, que será o encargado de levar a batuta de ambos concertos, ao tempo que interpretrará unha obra ao violín.

Baixo o título «Clasiquísimo», o programa do concerto comezará coa «Sinfonía nº 10», de Mozart. Logo, os músicos achegarán ao público a «Sinfonía en La», do compositor barroco Giovanni Battista Sammartini. O programa que se poderá escoitar no Teatro Principal inclúe tamén o «Concerto para violín en Sol» de Franz Joseph Haydn -que será interpretado nesta ocasión polo propio Enrico Onofri- e rematará a actuación da Real Filharmonía coa «Sinfonía nº 39», de Mozart.

 

Enrico Onofri debutou como director, e con gran éxito, no ano 2002. Dende entón ten sido convidado a dirixir orquestas por todo o mundo, impartindo tamén clases maxistrais. É director do Conservatorio Bellini de Palermo.