Musgo, un festival con apoio do Xacobeo para Ourense

La Voz

OURENSE CIUDAD

cedida

Oito bandas participarán nos concertos da praza Saco e Arce e dos xardins Calpurnia Abana

15 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 19 • Praza Saco e Arce e Xardíns Calpurnia Abana • Sesión vermú 12.30 e concertos a partir das 17.00 horas • O casco histórico de Ourense acollerá o sábado a primeira edición de Musgo, un festival de música para todas as idades que está promovido por David Pedrouzo (Torgal) e Adrián Fragueiro (Dopler) e que conta co apoio da Deputación, o Xacobeo 2021 e SON Estrella Galicia. A programación inclúe nomes do panorama independente galego, estatal e internacional. Dúas bandas portuguesas -Lince e Whales-, tres galegas -Blanco Palamera, Ladrillo y Mujer e Baiuca-, dúas estatais -Yana Zafiro e Mourn-, e unha del Reino Unido, o dúo AK/DK -a aposta máis forte do proxecto- compoñen o cartel. Pola mañá, 10.30 horas, haberá un roteiro.