«Elisa e Marcela» casan

La Voz

RIBADAVIA

Santi M. Amil

O auditorio acolle a montaxe de A Panadaría e Rodrigo Cuevas actuará na Praza Maior

21 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A Mostra chega á súa penúltima xornada cun amplo programa de actividades que ofrece dende lectura dramatizada ás tres propostas escénicas previstas para a xornada.

Para as 13.30 horas está prevista a lectura dramatizada e a presentación da edición na Erregueté (Revista Galega de Teatro) da obra «Arquivos da realidade», de Julio Fernández e Paco Oti. O traballo foi meción do Premio Abrente de Teatro do 2015.

As representacións da xornada comezarán coa presenza do grupo La Nórdika e a sá montaxe «Rojo estándar» na Alameda de Ribadavia. Será ás 21.00 horas. A cita do Auditorio Rubén García estará protagonizada polo grupo galego A Panadaría, que traerán a su montaxe «Elisa e Marcela». Rodrigo Cuevas ofrecerá «El mundo por montera» na Praza Maior (01.00 horas).