Ribadavia acollerá o 1 de xuño a cuarta edición do seu festival de ukelele

La Voz

RIBADAVIA

O castelo da capital do Ribeiro será a sede das actividades

21 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Ribadavia será escenario, o vindeiro día 1 de xuño, da cuarta edición do Ukp Day. O festival de ukelele contará para esta edición  cun cartel no que se darán cita artistas galegos e portugueses, de diversos estilos, e que teñen como nexo de unión a utilización do ukelele nas súas interpretacións. Este ano, a lisboeta Rita Braga e a vimaranense Mathilda porán o acento luso dentro dun festival onde a presenza galega tamén é moi importante, apostando sempre por formacións novas e de calidade -«auténticas xoias por descubrir e que de seguro van namorar ao noso público»-, como é o caso da coruñesa Astrogirl, os composteláns Momboi ou os ourensáns Banet. O broche de ouro porao o dúo formado polos xa recoñecidos Silvia Penide e Felix Arias, que levarán ao Auditorio do Castelo o seu proxecto conxunto. No Ukp Day tamén haberá, no apartado de actividades complementarias, propostas como exposicións, intervencións artísticas, charlas, mercado creativo e postos de gastronomía. 

Canciones Ajenas.