Demandan que o entroido de Viana se convirta nunha festa de interese nacional

Ana CUÍÑAS.

VIANA DO BOLO

O PSOE lembra que xa se aprobou unha moción no 2014 pero non se tramitou

21 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Viana do Bolo pretende convertir o seu entroido nunha festa de interese turístico nacional. No 2014 o grupo socialista de Viana presentou unha moción ao pleno, posteriormente aprobada, para o debate e a aprobación desta cuestión, pero esta nunca chegou a implantarse. Da man do concelleiro do grupo PSdeG-PSOE, Santiago Barja Barja, exponse novamente unha moción para conseguir as pertinentes explicacións que levaron a non tramitación, no seu día, desta solicitude para o entroido. Ana CUÍÑAS.