«Calquera lugar é bo para reivindicar a Florencio»

VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

LOLITA VÁZQUEZ

O acto Anxo Baranga será o pregoeiro esta tarde da Bacofesta da Rúa de Valdeorras

11 ago 2017 . Actualizado a las 17:01 h.

O actor e artista nacido en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) Anxo Baranga será o encargado de dar o pregón esta tarde (20.30 horas) na inauguración da Bacofesta na Rúa.

- ¿Como lle chegou a invitación de dar o pregón?

-Crearon unha asociación en Valdeorras para crear unha candidatura unitaria para lograr un Día das Letras para Florencio Delgado Gurriarán, e dentro dese contexto a min pedíronme que formase parte. Participei xa na Festa das Covas de Vilamartín cunha contada sobre Florencio e Carlos Casares, e agora vou facer o pregón.

- ¿Un pregón sobre Florencio Delgado Gurriarán?

-Eu farei un pregón reivindicando a cultura e a identididade de Valdeorras na lingua... na economía e no viño. Todo o que hai en Valdeorras ten que ir coa lingua e a cultura propia de aquí, tamén como marca do propio viño, como selo dese viño, que é o que nos fará destacar por encima doutros produtos. Con máis ou menos chascarrillos propios de min, é por aí por onde vai ir o pregón, pero aínda estou traballando para el [a entrevista fíxose o mércores].

- ¿Algún día haberá ese Día das Letras para Florencio?

-Eu creo que se a comarca se pon de acordo, e damos unha visión de comarca na que a xente, as asociacións, as empresas, se unen pedindo as Letras para Florencio... Creo que aos académicos chocaríalles y miraríano doutra maneira... Cando o pide unha asociación solta, é unha cousa, pero se hai presión da poboación... Non saiu aínda unha maneira unitaria pedindo que recoñezan a Florencio como un artista de calidade.

- ¿A Bacofesta é o lugar para pedilo?

-Bueno, eu creo que calquera lugar é bo para reivindicar a cultura, e para reivindicar a Florencio. E porque aparte de ser uvas machacadas, cando falas de viño falas de poesía e empezas a nomear de onde vén, e os olores... O mesmo Cunqueiro dicía que non é o mesmo dicir «unha langosta» que dicir de onde vén o nome, que significa... Cando a comes xa se convirte nun ritual, nun acto cultural. Co viño podémoslle dar ese punto cultural, saboreando máis que tragando. En canto a reivindicar a Florencio, creo que deberíamos facer actos culturais nos que a cultura esté metida nas festas gastronómicas, meter literatura e cine e outras historias, e non só gastronomía... E reivindicar a florencio sempre, en calquera contexto.