Vilar de Santos crea unha aplicación móbil municipal

s. m. XINZO

VILAR DE SANTOS

Santi M. Amil

A ferramenta permitirá recibir avisos importantes en tempo real

21 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Vilar de Santos puxo en marcha unha aplicación para móbiles «pensada para potenciar a mobilidade e a participación veciñal, mediante unha aplicación moi sinxela de instalar e manexar», segundo o alcalde, Xan Jardón. Vilar de Santos App é unha ferramenta para o servizo público e tamén para a participación veciñal, onde ademais de conectar cos contidos da actualidade municipal, ábrese unha canle de comunicación directa cos veciños para facer consultas, enviar incidencias ou suxestións en cuestións como avarías de auga, saneamento, alumeado público, camiños, mobiliario urbano, etcétera. Ao mesmo tempo permitirá recibir avisos importantes en tempo real.