A feira do gando rexistrou unha exitosa segunda edición
17 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe, 17 de Maio, celébrase o Día das Letras Galegas e, coincidindo con esta data, Xunqueira de Espadanedo acolleu esta fin de semana a segunda edición da feira de gando, unha cita que reuniu a gandeiros, agricultores e numerosos veciños arredor do sector primario.
Vacas, cabalos e ovellas protagonizaron unha xornada na que tamén se puxo en valor o respecto e o coidado cara aos animais, ademais do traballo diario de quen mantén vivo o rural galego.
No medio do ambiente festivo, era inevitable lembrar aquela Galicia rural que Rosalía de Castro describía nos seus poemas e que hoxe moitos consideran que segue desaparecendo pouco a pouco, mentres agricultores e gandeiros continúan denunciando as dificultades e trabas para manter a súa actividade.
Miguel Gómez destacou ademais a gran acollida desta segunda edición. «Houbo unha enorme cantidade de público», sinalou, nunha xornada na que os asistentes gozaron do gando, da gastronomía e do ambiente de convivencia arredor das comidas organizadas durante a feira.