Nao despídese por todo o alto

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

CEDIDA

18 feb 2019 . Actualizado a las 10:10 h.

Tal e como recordou Jasper, a anterior vez que tocaran en Pontevedra o fixeron ante menos de medio centenar de persoas -cifra que tampouco hai que desdeñar si se ten en conta que no primeiro concerto de Ramones non chegaba a trinta- e este sábado, no que, en teoría, é a súa última actuación na cidade do Lérez practicamente encheron a Sala Karma. E digo, en teoría, porque aínda son moitos fans de Nao que anhelan velos tocar nalgúns dos festivais que se organizar na capital. Quizás no Galegote ou, incluso, o Surfing The Lérez... so o tempo o dirá.

Para moitos é ata certo punto incomprensible ver como unha das más senlleiras bandas de hardrock decide retirarse dos escenarios, uns espazos onde deixan patente a potencia do seu directo, a compenetración e as gañas de divertirse. E máis si cabe, cando acadaron algo tan complicado como un relevo xeracional entre os seus incondicionais. En Pontevedra, non so había fans que rebasaban a barreira dos 40, senón tamén rapaces, moitos rapaces, que contaxiaban a súa enerxía a os músicos.

Foi un concerto explosivo dende que os Grilo fixeron de mestres de cerimonia e caldearon o ambiente. A súa presenza constatou que non hai nada perdido, que hai futuro para o rock en galego.

Durante máis de hora e media, Nao desgranou algúns dos temas emblemáticos da banda, pero tamén outros do seu último traballo, Ata que o lume se apague. E no apartado de colaboracións, as de Patti Castro unha das poucas mulleres da escena metal galega.