Conta atrás para a apertura da feira de artesanía no Teucro

La Voz

PONTEVEDRA

cedida

A carpa xa se está montando para abrir o próximo día 20 con 32 postos nos que mercar agasallos ou degustar productos

15 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Praza do Teucro contará este Nadal con 32 postos na XIV edición da feira de artesanía e agasallo Pontenadal. As Nadaladas do Teucro como ten sido bautizado o evento se instalará nunha carpa en pleno corazón do casco vello. Abrirá as súas portas ao público entre o 20 de decembro e o 5 de xaneiro, tódolos días, en horario de 11 a 14 horas pola mañá, e de 17 a 21.30 horas, polas tardes, agás os días de Nadal e o de Ano Novo, nos que estará pechada.

Pontenadal contará nesta edición con stands, nos que os cidadáns poderán atopar os agasallos máis orixinais: coiro, pel, cerámica, pintura, téxtil, prata, produtos apícolas, complementos, xoguetes de madeira, artesanía en olivo, cervexa artesá, arte en cristal, entre outros obsequios para este Nadal. Contarase coa participación de varias oenegués, como a Asociación Alba, Amencer e Solidariedade Internacional.

«O número de stands é semellante ao de edicións anteriores, quedando expositores na lista de reserva, o que é outra proba máis do éxito desta feira, que se non xerase ingresos non espertaría este interese no sector», explicou a concelleira Yoya Blanco, que se achegou onte á praza do Teucro ce o presidente de Centro Comercial Urbano Zona Monumental (CCU ZM), Miguel Lago, para supervisar a montaxe da carpa. Nesta XIV edición case tódolos expositores son da provincia de Pontevedra, tanto da cidade como de Poio, Vigo, Cangas, Bueu, Marín, O Grove, Ponte Caldelas. Yoya Blanco animou a tódolos pontevedreses a «pasear, mercar e gozar na

zona monumental» e a achegarse ata a carpa da praza do Teucro.