Marcelo Dobode homenaxea aos maiores, os principais damnificados polo coronavirus

PONTEVEDRA

raul moril

05 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Gravado entre Soutomaior e A Peneda, a antiga Turoqua que da nome ao seu primeiro traballo discográfico en solitario, Marcelo Dobode acaba de presentar o seu videoclip Rosalía, dirixido por Raúl Moril. Trátase dun «canto respectuoso e limpo como homenaxe a todas as persoas maiores -como el mesmo di, as nosas grandes bibliotecas’- que nos ensinaron o valor da vida e xa non están entre nós por mor do covid-19».

Deste xeito, o autor opta pola limpeza dunhas imaxes en banco e negro, que falan por si soas, ao tempo que coa súa voz vai recorrendo o poema de Rosalía de Castro, Adiós ríos, acompañado por Isabel Blanco Peleteiro, Isabel da Crisanta. O arranxo musical do propio Dobode permite que o protagonismo o acaparen a voz e a percusión da súa pandereita, mentres que nun segundo plano -pero nunca desdebuxado- sitúanse o teclado de Adrián Saavedra, a guitarra de Mon Orencio e batería de Félix Rodríguez.

«Un poema de Rosalía nas mans da tradición que Marcelo arranxou maxistralmente coa sinxeleza da percusión máis sinxela», destacan dende Mare, axencia especializada en produción de eventos, management e booking.

O videoclip «Rosalía» pódese contemplar no portal de Internet de Youtube, onde suma centos de visualizacións