A semana próxima arranca Domingos do Principal

La Voz

PONTEVEDRA

09 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Pontevedra abrirá dentro dunha semana, o domingo día 17, a programación de teatro máis esperada polos cativos, os Domingos do Principal. Neste ano en que as as normas e os aforos van mudando casi de semana en semana, o Concello de Pontevedra apostou por incrementar o número de espectáculos deste ciclo que serán 10 na edición 2021. Haberá coma sempre pase dobre, pero non haberá pases escolares por mor da situación actual nin tampouco co formato abono pola mesma razón.

A programación está coordinada por Teatro Akatro e arrancará o domingo coa peza Único, de Teatro Paraiso (Araba), que mistura as técnicas do títere e do teatro máis realista.