Teatro, cine e tradición polas Letras Galegas en Sanxenxo

PONTEVEDRA

09 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A combinación de teatro, cine, patrimonio e tradición é a aposta de Sanxenxo para as Letras Galegas, que este ano homenaxean a Xela Arias. A programación arrancou o venres nos colexios de Magaláns e A Florida cunha sesión de teatro que terá continuidade esta semana nos centros de Nantes, Noalla, Portonovo e Vilalonga. Nos IES Sanxenxo, IES Vilalonga e Colexio Abrente realizarase unha unidade didáctica coa proxección do filme María Solinha, así como retomarase o concurso Picariños do Circulo Cultural e Deportivo de Sanxenxo.

No eido da tradición e o patrimonio sete grupos folclóricos protagonizan un vídeo, mentres que o acto central do 17 de maio desenvolverase na Praza de Pascual Veiga.