Gala de clausura do ciclo audiovisual Ambienta

PONTEVEDRA

Pablo Fariña

24 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Ambienta, o ciclo de proxeccións audiovisuais que busca, en palabras da concelleira de Festas, Carme da Silva, «converterse nun proxecto de referencia que aborde cuestións relacionadas coa diversidade sexual, de xénero e familiar», chega hoxe ao seu fin. Trátase dunha das novidades incorporadas á programación de verán O son da rúa que pretende promover dende a praza da Pedreira a visibilización da diversidade, ao tempo que converterse nun referente no panorama galego de proxección de cine LGBTIQA.

O acto de clausura (22.30 horas) contará co vídeo creador Jairo Moreno, director de Más alá do arco da vella, peza audiovisual realizada en exclusiva para Ambienta, e proxectaranse cinco curtas.