Acto anual en Marín da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica

PONTEVEDRA

24 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo, a partires das 13 horas, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín organiza o acto anual no Pozo da Revolta, no lugar de Bagüín. Deste xeito, réndeselle homenaxe aos veciños que defenderon a liberdade durante o golpe de estado do 36 e a posterior represión franquista. Intervirán Enriqueta Otero e Carlos Villegas, integrantes da asociación, e o profesor, escritor e investigador Xosé Álvarez Castro, acompañados coa actuación musical de Botallecurri.

Posteriormente, o martes, proxectarase o documental Acordamos na Casa da Cultura de Seixo (20 horas). Esta peza «quere ser unha mensaxe de paz, memoria e rebeldía para as novas xeracións» na que a dirección artística é de Uxía.