Culturgal e a súa enorme oferta: «Non saber qué escoller é unha riqueza»

A. Davila PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Collage de una feria de Culturgal pasada
Collage de una feria de Culturgal pasada Ramón Leiro

Este xoves celébrase una representación na residencia de Campolongo

13 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O recinto feiral de Pontevedra acollerá entre o 27 e o 30 de novembro unha nova edición de Culturgal, a gran cita da cultura galega. Máis de 200 actividades darán forma a un programa diverso que abrangue literatura, poesía, teatro, música, danza, audiovisual e infantil.

Como aperitivo, este xoves a residencia de maiores de Campolongo acollerá unha dobre función teatral ambientada nunha residencia, ás 18.30 e 19.30 horas, que servirá de simbólico adianto do que está por vir.

O director de Culturgal, Camilo Franco, subliñou que «non saber que escoller é unha riqueza», destacando a amplitude da programación. Tamén defendeu o carácter simbólico dos prezos: «A oferta económica máis barata de todo o ano dentro da cultura galega», recalcou. 3 euros por día ou 7 euros o bono familiar. As actividades fóra do recinto terán entradas adicionais, como o concerto de Uxía Senlle no Principal, o de Óscar Ibáñez & Tribo, o triplo programa musical con Faia Díaz, A Pedreira e Felisa Segade, a actuación infantil de Bibopalula e a función de Xosé Touriñán.

Literatura

O prato forte será o encontro entre Manuel Rivas e Suso de Toro, dous referentes das letras galegas que dialogarán sobre a situación literaria actual e as súas últimas obras. O apartado literario complétase cunha charla sobre traducións ao galego e outra dedicada aos 20 anos da colección Do berce á lúa da editorial Kalandraka.

A lírica terá un espazo destacado con cinco recitais que reunirán voces diversas: Fran Alonso, Ana Romaní, Andrea Maneiro, Antía Amarante con Lourdes Álvarez, e Gonzalo Hermo xunto a Miriam Ferradáns e Oriana Méndez. Unha programación que confirma a vitalidade da poesía galega contemporánea.

O teatro contará cun espazo propio, o teatriño, dentro do recinto feiral. Alí abordaranse cuestións como o papel das actrices ao superar certa idade e celebraranse encontros entre compañías e público para presentar as estreas previstas no primeiro trimestre de 2026. Entre os nomes destacan CDG, Chévere e Morra o conto.

Música

A música trasladarase á terraza do recinto feiral, un espazo pensado para mellorar a acústica. Esto buscará ademáis un reforzo mediante unha a experiencia máis inmersiva grazas ao uso de auriculares. O programa inclúe o repaso á traxectoria de Magín Blanco, a estrea dunha produción inspirada na obra de Faustino Santalices, e os concertos de Belém Tajes e Marián. Ademais, haberá actuacións no Pazo da Cultura e no Teatro Principal.

O domingo converterase en xornada de danza co domingo de bailar, unha actividade aberta que ensinará os pasos básicos da muiñeira para que calquera poida participar. Antes, poderase gozar do espectáculo de Fran Sieira, que poñerá o acento na tradición coreográfica galega.

Audiovisual

O sector audiovisual galego terá o seu espazo cunha charla na que guionistas e profesionais compartirán proxectos en marcha e reflexións sobre a industria. Unha oportunidade para coñecer de primeira man os estreas que chegarán ás pantallas proximamente.

Programación infantil

Os máis pequenos tamén serán protagonistas con sete espectáculos infantís e tres propostas vinculadas a escolas de teatro galegas. Unha programación pensada para gozar en familia e achegar a cultura ás novas xeracións.

A todo isto hai que unir máis sorpresas e actividades, xa que o programa complétase con proxeccións cinematográficas e un apartado interactivo dedicado á industria do videoxogo en Galicia, que busca poñer en valor o talento creativo do sector.

Culturgal 2025 preséntase como un mosaico de propostas que reflicten a diversidade e a vitalidade da cultura galega. Literatura, música, teatro, danza, cine e videoxogos danse a man nun festival que, máis ca nunca, invita a participar e a descubrir.