Cabos Soltos programa na Ferraría un concerto de Ortiga

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

El santiagués Manuel González,  Ortiga
El santiagués Manuel González, Ortiga Paco Rodríguez

Será o día 23 e servirá de experiencia piloto para o programa municipal

14 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, e a promotora musical na empresa Dotbeat, Patricia Hermida, presentaron onte a programación coa que volve Cabos Soltos a Pontevedra. Trátase dunha xornada técnica, dirixida especialmente ao sector da cultura ao vivo, que terá lugar os días 19, 20 e 21 no Pazo da Cultura e un concerto piloto na praza da Ferraría o domingo 23 ás 13 horas cargo de Ortiga. «Este é o principio, Cabos Soltos volve para quedar» asegurou Anabel Gulías, quen engadiu que ao longo do ano se irán implementando máis actividades coa mirada posta en «dar un balón de osíxeno a todo o sector creativo e cultural, entendido tamén como un sector económico que necesita seguir traballando».

A concelleira lembrou que Cabos Soltos chega vinculado ao Plan Supera co obxecto de promover actividades que permitan reactivar o consumo na cidade xa que «a hostalería ten que enfrontarse agora mesmo a un trance moi difícil e desde o Concello queremos contribuír á recuperación de certa normalidade».