O Chedeiro organiza en Pontevedra o cuarto Concurso de Espantallos

PONTEVEDRA CIUDAD

O CHEDEIRO

25 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Co arranque da primavera, a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns, no Concello de Pontevedra, anunciou o inicio o cuarto Concurso de Espantallos. Deste xeito, dende este colectivo convocaron «a toda a veciñanza a seguir coa tradición de realizar os espantallos, sempre coa premisa de utilizar material reciclado como roupa usada, sombreiros, cordas, madeiras, latas, flores, arames…».

Tras precisar que os espantallos «xa poden confeccionarse desde este momento ata finais de maio», O Chedeiro ten previsto dar a coñecer aos gañadores no vindeiro mes de xuño. Iso si, matizan que a participación neste Concurso de Espantallos está aberta a todos os residentes da parroquia de Cerponzóns.

Os interesados en participar teñen dúas vías para inscribirse. Por unha banda, poden contactar no número de móbil 628 387 430 e, por outra, poden escribir un correo electrónico á dirección aavv.chedeiro.cerponzons@gmail.com.