O Museo de Pontevedra réndese a «A muller xabaril» de Fina Casalderrey

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Capotillo

30 mar 2023 . Actualizado a las 20:06 h.

Este xoves, e acompañada polo presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e o director de Xerais, Fran Alonso, Fina Casalderrey presentou no Edificio Castelao de Pontevedra a súa nova novela, A muller xabaril. Trátase, segundo destacaron dende a editorial, dunha «historia amarga e dolorosa, intrigante e conmovedora, que lexitima a memoria e afonda nas miserias humanas e nos segredos familiares enmarcados nas turbulencias políticas da primeira metade do século XX».

Capotillo

Con A muller xabaril, Fina Casalderrey ficciona a vida da pontevedresa Adelina Franco a través dun narrador, que responde ao nome de Ramiro. «É un personaxe que descubre o verdadeiro segredo de O Jabalí —alcume co que coñecían a Adelina Franco en Xeve—, de porque esa muller acabou así e impactao ata a parálise (...). Durante toda a novela, el vai descubrindo as razóns, pero que non se coñecen de todo, incluso, podes pensar que son outras».

Capotillo

Deste xeito, a novela «xoga co lector dándolle unhas pistas que poden ser falsas ata descubrir, por fin, ao final, este segredo que tanto o impacta e non sabe que facer, se continuar co segredo ou non», explicaba a propia autora nunha recente entrevista.