O Centro Social A Pedreira organiza unha foliada aberta no Mercado de Abastos de Pontevedra
06 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A programación cultural deste venres na contorna de Pontevedra abrangue dende tradición ata o futuro das herdanzas.
Apego
Hoxe • 17 horas • Cova dos Libros Fantásticos • Baixo o título de Arrolar e bailar, a Fundación Legar desenvolve esta actividade para familias con crianzas de 15 meses a 3 anos. Consiste nun obradoiro para reforzar os vínculos afectivos entre as crianzas máis pequenas da casa e os adultos a través do canto. As familias aprenderán a usar arrolos e cantigas de berce como instrumento de relaxación, e algúns bailes de roda cos que gozar en familia.
Contacontos
Hoxe • 17.30 horas • Centro Social A Pedreira • Pavís Pavos presentarán o espectáculo Contos para orellas abertas. Trátase dunha actividade pensada para público familiar e aposta pola narración oral e a imaxinación como ferramentas de socialización e transmisión cultural.
Música
Hoxe • 20.00 horas • Mercado de Abastos • O Centro Social A Pedreira organiza unha foliada aberta que incluirá un obradoiro de baile impartido por Miguel Sotelo e as actuacións de Abiñadoira e das Pandereteiras Peis d’Hos, seguido dunha foliada aberta na que convidan a participar activamente.
Conferencia
Hoxe • 20.00 horas • Sede da Asociación de Veciños San Roque • O avogado Jacobo Rebolledo ofrece unha charla co título Planificando el Futuro, una herencia sin problemas o con los menos posibles. O letrado pontevedrés abordará, entre outras cousas, todo o relacionado cos papeis que se deben ter arranzado para que os herdeiros non teñan problemas.
San Brais
Hoxe • Consultar horarios • Salcedo • A parroquia pontevedresa de Salcedo continúa coas súas celebracións por San Brais organizando este venres o sétimo Torneo de Petanca (10.00 horas) no campos do Centro Sur, entorno que acollerá, ás 16.00 horas, o tamén sétimo Torneo de Chave. A entrega de trofeos está prevista para as 20.00 horas.
Cine
Hoxe • Consultar carteleira • Cine Seixo • Nova sesión cinematográfica en Marín con tres funcións. Deste xeito, ás 17.30 horas exhibirase Rondallas, do director Daniel Sánchez Arévalo, mentres que ás 19.35 y 21.50 será a quenda de La asistenta, de Paul Feig. Estes mesmos horarios mantense mañá, sábado.
Pintura
Hoxe • 17 horas • Galería Tangram • Ata o 27 de febreiro, pode vistarse a a primeira exposición de Iván del Río, Gupy. Reúne retratos e esceas cargadas de emoción e forza expresiva.