Enreguéifate chama a improvisar en galego

La Voz

SANTIAGO

XOAN A. SOLER

A nova edición do concurso de regueifas terá dúas categorías, xeral e escolar

03 abr 2020 . Actualizado a las 04:55 h.

O certame Enreguéifate inicia unha nova edición marcada polo estado de alarma, que impedirá o desenvolvemento das actividades previstas para os escolares nos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, impulsores desta iniciativa que busca a promoción da lingua galega empregando a regueifa.

Nesta ocasión, hai unha unidade didáctica en liña para os que o desexen poidan aprender a arte da improvisación. Ademais, hai un vídeo-titorial sobre como regueifar e gravar para despois participar no concurso.Como nas anteriores edicións haberá dúas categorías, unha xeral, na que pode participar calquera persoa, e outra escolar, para alumando de ensino non universitario.

Os vídeos deben estar en galego, a temática é libre e en cada un deben aparecer como mínimo dúas persoas. A duración máxima das pezas será de tres minutos. O prazo de inscripción está aberto ata o 29 de maio a través de www.enregueifate.gal.