A USC lembra a Carvalho Calero

La Voz

SANTIAGO

Cedida

Presentou un libro dedicado ao homenaxeado o ano pasado polo Día das Letras Galegas

15 abr 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

A Universidade de Santiago lembrou este xoves ao seu primeiro titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega, Ricardo Carvalho Calero, con motivo do Día das Letras Galegas 2020 despois de pospoñer o acto debido á pandemia. Fíxoo coa presentación dun libro dedicado ao homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero.As formas do compromiso, e cunha charla a cargo da profesora da Facultade de Humanidades Carmen Blanco, que definiu ao profesor coma «un sabio egrexio do século XX imposible de coñecer dende posicións dogmáticas e reducionistas». Na homenaxe, presidida polo reitor, Antonio López, tamén participou a filla de de Carvalho Calero, María Victoria.

O volume editado porla USC co gallo do Día das Letras Galegas 2020 está estruturado en tres partes. A primeira atende as facetas do compromiso vital do creador situadas máis á marxe dos seus quefaceres filolóxicos. Na segunda parte abórdanse as angueiras literarias do profesor e, na última, analízase a obra e o ideario lingüístico de Carvalho Calero. A publicación, que está coordinada polo profesor Francisco Cidrás, inclúe achegas de Justo Beramendi, Araceli Herrero, Aurora Marco, Xosé Mª Dobarro, Carlos Quiroga, Darío Villanueva, Arturo Casas, Manuel Ferreiro, José Luís Forneiro, Francisco Dubert, Martinho Montero, Pilar García Negro, Henrique Monteagudo e José Luís Rodríguez.

Durante o acto, o reitor destacou o compromiso co país, coa cultura e coa lingua de Carvalho Calero, e asegurou que a homenaxe foi «un acto de xustiza».