A asociación dinamiza as compras na tempada navideña con animación de rúa e sorteos
29 nov 2025 . Actualizado a las 11:03 h.A Asociación Comercio Punto Compostela CCA presentou a súa campaña «Vive a maxia do Nadal no comercio local», destinada a dinamizar as compras festivas e destacar o valor do comercio de proximidade mediante animación na rúa e varios sorteos.
A acción principal é un concurso fotográfico en Instagram: as persoas maiores de 18 anos deberán publicar unha imaxe cos elfos que visitarán os comercios asociados, etiquetar @a_comercio_punto_compostela e ter a conta pública no momento da verificación. O prazo de publicación das fotos será do 16 ao 23 de decembro.
Sortéanse dúas cestas de Nadal de 250 euros: unha para a foto con máis «likes» e outra elixida pola Xunta Directiva. En paralelo, activarase un segundo sorteo entre as persoas que realicen compras entre 1 e o 16 de decembro; hai que depositar os tiques das compras nas urnas dos establecementos asociados, co nome e teléfono do cliente no reverso. Sortearanse cinco tarxetas prepago de 100 euros.