A Grileira, Aqueladas e Nós Televisión levan o recoñecemento do Concello e a Cámara de Comercio polo seu uso do galego
02 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A tenda de instrumentos musicais tradicionais A Grileira, a cooperativa de produción audiovisual Aqueladas e Nós Televisión foron recoñecidas onte co Premio Manuel Beiras polo uso do galego na empresa que convocan dende hai 26 anos o Concello e a Cámara de Comercio. O acto de entrega celebrouse onte no Teatro Principal baixo a presidencia da alcaldesa, Goretti Sanmartín, á que acompañou a secretaria xeral da Cámara de Comercio, Rosa Mary Cardoso. Ademais de recoñecer o labor a prol do galego das empresas, o premio recorda a figura de Manuel Beiras, comerciante que promoveu a cultura galega. foto sandra alonso