Finou José Manuel Caamaño Gesto, un historiador «didáctico e afable»

O profesor da USC estaba especializado en arqueoloxía


santiago / la voz

Galicia vén de perder a outro dos seus referentes no eido da arqueoloxía. Ao adeus nos últimos anos de especialistas como José Ramil, Fernando Acuña ou Luis Monteaguado, sumouse onte José Manuel Caamaño Gesto, profesor xubilado de arqueoloxía na Facultade de Xeografía e Historia da USC. Especializado en arqueoloxía clásica, con fondos coñecementos do mundo romano, deixou o seu saber sobre os campamentos e as calzadas desa época en diversas publicacións. Da súa autoría tamén son seis tomos de A gran historia de Galicia, a enciclopedia distribuída hai unha década por La Voz. Caamaño tamén deixou pegada en Sobrado dos Monxes, onde dirixiu dende a década dos 80 ata mediados dos 90 as escavacións arqueolóxicas no campamento romano da Ciadella. Alí o coñeceu sendo estudante o arqueólogo melidense Xurxo Broz, quen o lembra como un home «didáctico e afable». Igual recordo ten unha antiga alumna, Cristina Vázquez Neira, arqueóloga do museo de Melide, dende o que expresaron o seu pesar polo pasamento. Caamaño Gesto, nado na Laracha, tiña 73 anos de idade.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
14 votos
Comentarios

Finou José Manuel Caamaño Gesto, un historiador «didáctico e afable»