«Unha cidade chea de sentido»

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO CIUDAD

Fallado el concurso infantil de redacción y dibujo «Coñece o teu concello» que organiza La Voz

24 jun 2019 . Actualizado a las 20:43 h.

Cientos de niñas y niños de los municipios que forman parte del ámbito territorial de la Delegación de Santiago de La Voz de Galicia han participado en una nueva edición del concurso «Coñece o teu concello», organizado por La Voz con la colaboración del Concello de Santiago y la Diputación de A Coruña. Los trabajos han desbordado creatividad en la expresión dibujada o redactada de los más diversos aspectos de su entorno más próximo, la ciudad, el barrio, la aldea, los monumentos, el medio natural, el colegio, los juegos y mucho más.

En cada modalidad de dibujo (hasta 8 años de edad) y de redacción (de 9 a 12 años) hay un primer premio, al que corresponde un Ipad, y dos accésits, dotados con sendas tabletas Samsung. Los colegios en los que estudian los dos ganadores recibirán sendos ordenadores portátiles.

Concurso de dibujo

Una niña que todavía no ha cumplido los cuatro años de edad, Marcela López Rodríguez, alumna de cuarto curso de Infantil en el colegio Vilas Alborada, de Santiago, ganó el concurso en la modalidad de dibujo con una recreación de los Fogos do Apóstolo. Los dos accésits en la modalidad de dibujo corresponden a Alexia Naranjo, de 8 años, alumna de tercero de primaria del colegio Manuel Peleteiro, que dibujó el estanque de los patos de la Alameda con una niña sobre su puente; y para Alén Vila Armesto, alumno de segundo de primaria en el colegio Vilas Alborada, que recreó en una acuarela la figura de Ramón María del Valle-Inclán sentada en un banco del paseo da Ferradura. 

Concurso de redacción

Carmen Varela Escorihuela ganó el concurso de redacción con un evocador texto que propone un recorrido sensorial a través de Santiago. Los accésits son para Mariña Souto Pazó y para Adriana Vila Fernández, en este caso con un texto poético.

primer premio

Santiago, cidade dos sentidos

Iamos uns días fóra de Santiago. Viaxabamos en tren. Por un momento, pechei os ollos. Pensaba na miña cidade. As primeiras imaxes que viñeron á miña mente foron o verde da natureza e a robustez da pedra: a súa espectacular catedral e as súas bonitas casas, as súas agradables prazas como Mazarelos, Fonseca, O Toural ou o incrible espazo do Obradoiro. Fronte ao construído, lembraba con nitidez os numerosos parques que salpican a cidade, o marabilloso que é mirar ao redor e sentir que estás rodeado por árbores en absoluta serenidade: a Alameda, Vista Alegre, Bonaval… verdes, amarelos, ocres, alaranxados… multitude de cores e momentos marabillosos de xogos nas pistas da Universidade, en Ramírez, praza de Galicia ou o Parlamento…

Despois, o meu irmán puxo música e lembrei os sons propios de Santiago: os meus ensaios no conservatorio, os concertos no auditorio ou San Martiño Pinario, o violín virtuoso na rúa do Vilar, os ritmos de jazz na praza da Quintana, a auga da fonte de Praterías, a alegría dos peregrinos que alcanzan a súa meta, ou a mesma choiva que durante meses toca a súa melodía ao rebotar nos tellados e os empedrados de granito.

Pensaba logo no seu cheiro a historia milenaria e lendas, a humidade e sinxeleza, a verán nas festas da Ascensión… Mesturábase co aroma do rico polbo e outros manxares do mar, o sabor inconfundible a améndoa da súa famosa torta e, sobre todo, o gusto polo profundo e o bo facer das súas xentes.

Nese momento, o meu irmán pequeno acariñoume na fazula. O tacto de Santiago é suave na brisa das súas árbores e o brión, pero tamén rugoso na pedra das súas rúas e na cuberta da Cidade da Cultura, liso e cálido para aprender do pasado e innovar na actualidade.

Para min, Santiago é unha cidade chea de sentido. Carmen Varela Escorihuela. 10 años. Chester College. Santiago.

accésit

Os cabalicornios de Santiago

Unha vez, na praza de Praterías, pasou andando un adolescente que tiña medio pelo rapado e o outro medio tinguido de verde, unha chaqueta de coiro, un pirsin no medio do nariz e estaba mastigando un chicle. Como a lambetada xa non lle sabía a nada, tirouna na fonte dos cabalos de Santiago e marchou tan tranquilo. Despois chegou á praza unha muller que estaba tola e que pensaba que era unha vaqueira, esta quería domar os cabalos e lanzoulles unha corda ao seu redor, o cordel quedou pegado ao chicle, a muller tirou da corda e os cabalos romperon e caeron ao chan. Aquel día os cabalos da fonte cobraron vida. As eguas chamábanse unha Evangelina e outra Choncha e os cabalos Cándido e Manuel. O seu maior desexo era ter un corno coma se fosen unicornios. Entón, decidiron ir a Cornanda (un sitio que está en Brión). Camiñaron e camiñaron ata que pronto se cansaron. Cando subiron a mirada déronse conta de que xa chegaban ao seu destino. Entraron na primeira casa que viron e preguntaron se lles podían facer un corno a cada un. A dona da casa asomouse pola ventá e mirou quen lle ía visitar, baixou correndo para recibilos e ofrecerlles filloas xa que estaba encantada de ter na súa presenza os famosos cabalos de Santiago. De aí a un tempo os cabalos marcharon satisfeitos de Brión cun corno de ferro na fronte debido a que a muller era ferreira. Os cabalos decidiron volver á fonte para non asustar aos habitantes de Santiago. Cando estaban xa todos colocados no seu sitio, pasou unha nena por diante da fonte e deuse conta de que os cabalos tiñan corno e foi chamar aos seus pais para contarllo. Desde entón chámanlle a aquela fonte a fonte dos cabalicornios de Santiago. Mariña Souto Pazó. 10 años. CEIP Pedrouzos. Brión

accésit

Gárgolas

Falareivos das gárgolas,/gárgolas de Santiago,/Santiago de Compostela./Na rúa do Vilar,/o crocodilo estate a esperar/para que os dentes lle poidas limpar./Na casa da Parra,/esquina da Quintana,/agárdate a aguia,/leoa polas súas garras./O lince, o máis inquieto,/tamén o máis indiscreto,

pois anda a buscar/tesouros que nunca descubrirás./En San Paio de Antealtares/o atoparás./E, por último,/xunto a Faculdade de Medicina,/atópase a gárgola máis maligna,/pois é a máis daniña,/mátate só coa mirada,/do tellado cómese as herbas malas./Acordádevos de cada unha das palabras,/non vos esquezades de onde se atopan as gárgolas,/gárgolas de Santiago,/Santiago de Compostela. Adriana Vila Fernández. 10 años. CEIP Pío XII. Santiago.