O «compañeiro ancestral Díaz Pardo» volve á rúa en Santiago

A escultura do intelectual e artista realizada por César Lombera foi inaugurada na Alameda, entre Valle-Inclán e Castelao


Santiago / La Voz

Entre Valle-Inclán e Castelao. Ese é o lugar que, polo menos de momento, ocupará a escultura de Isaac Díaz Pardo na Alameda de Compostela. O acto de inauguración comezou pasadas as doce da mañá deste sábado. As autoridades locais que asistiron foron o alcalde, Sánchez Bugallo, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón e tamén a voceira local do BNG, Goretti Sanmartín. O emotivo evento comezou coa lectura do poema «Compañeiro Ancestral Díaz Pardo», que foi escrito polo dramaturgo, poeta e ensaísta Claudio Rodríguez Fer, grande amigo de Díaz Pardo. Rodríguez Fer quixo salientar «a loita constante de Isaac pola memoria histórica».

A continuación foi a quenda do seu fillo, Camilo Díaz, destacou o feito de que «a estatua de meu pai está mirando cara o Obradoiro, cara un dos lugares onde máis actividade tivo como intelectual e no eido político». Ademais, tamén salientou que Díaz Pardo «co devalar do tempo, converteuse na figura que máis loitou pola recuperación da memoria histórica galega».

A inauguración rematou cunhas palabras de Sánchez Bugallo. Describiu a Díaz Pardo como «unha das persoas máis sinxelas e extraordinarias que coñecín, e viceversa». Explicou que o ter coincidido con Díaz Pardo foi «toda unha experiencia». «Morreu con 92 anos, pero o seu espírito a pesar de ter 90 anos era sempre o dun mozo», continuou o alcalde. Rematou salientando que «con esta escultura, Isaac Díaz Pardo vive en todos nós de novo. Podemos admirar a unha persoa enormemente comprometida e tamén descreída: Díaz Pardo sempre cría que todo era posible».

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O «compañeiro ancestral Díaz Pardo» volve á rúa en Santiago