Juan Pereiro: «Ao abrir o mesón O Almacén na miña aldea non pensei telo 20 anos a rebentar»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO CIUDAD

Juan Pereiro abrió un restaurante en la zona sur de Santiago donde creció y donde distribuyó desde joven alimentos y bebidas. «Ao inicio gardábaos nun baixo de meus pais. Coñecíanme como o do almacén do Sarela, de aí o nome do mesón»
Juan Pereiro abrió un restaurante en la zona sur de Santiago donde creció y donde distribuyó desde joven alimentos y bebidas. «Ao inicio gardábaos nun baixo de meus pais. Coñecíanme como o do almacén do Sarela, de aí o nome do mesón» Sandra Alonso

El conocido hostelero arrastra a su restaurante, situado en la zona de Sarela de Abaixo, a decenas de santiagueses y visitantes. Se inició en los fogones en el Gonzaba: «Paseime as dúas décadas que traballei alí comendo e ceando chuletón»

13 abr 2022 . Actualizado a las 12:33 h.

Alude con afecto a Sarela de Abaixo como «a miña aldea». «Para min o é. Aquí foi onde crecín e abrín o restaurante», resalta Juan Carlos Pereiro, conocido como Juan. «Chámanme así os clientes que levan comigo corenta anos», aclara agradecido, sin dejar de pensar en su trabajo. «Nunca descanso», constata a sus 59 años el dueño de O Almacén, el mesón que atrae desde el 2001 a compostelanos y visitantes hasta esta bella zona por donde serpentea el río Sarela. Un paraje que hace 21 años se percibía más lejos del centro. «A pesar diso, montalo aquí foi o meu mellor paso», destaca sobre su trayectoria.

Nacido en Santiago en una familia de seis hermanos, se inicia en la hostelería a los catorce años. «Fun camareiro na cafetería O Pote, a do antigo hotel La Perla, xunto á Alameda. Alí tamén aproximeime á cociña», evoca sobre un primer contacto con los fogones tras el que, en 1981, ya da el salto al Gonzaba, el conocido asador de la rúa Nova de Abaixo. «Coincidiu nunha época moi boa, de ambiente familiar, pero tamén de gran sona. Tiñamos clientela de toda España. Lembro atender a xente como o actor Francisco Rabal. A Xunta hai pouco que comezara e alí se relacionaban os cargos do momento», señala sobre un local que se convertiría en su escuela. «Foron dúas décadas preparando chuletóns, pescados ou cazolas», apunta mientras se sorprende pensando en su menú. «Paseime todos eses anos comendo e ceando chuletón co meu xefe. Recordo que ata había xente que, polo tamaño da peza, agardaba para vernos comer. Para min era o máis cómodo e nunca me aburrín. A cambio, movíame moito», explica sonriente sobre sus intensas jornadas.

«Xunto a un irmán tamén comezara vendendo produtos como queixo ou legumes a tendas e á hostalaría. Cos anos montamos unha distribuidora. Ao saír do restaurante, eu ía pola rúa do Franco, onde me mercaban viño. Con algunhas bodegas, como Yllera, traballo dende hai 35 anos», desliza con orgullo. «Nesa época tamén collera un quiosco na Calderería, pero ao final deixeino para centrarme nalgo propio. Quería mellorar», confiesa. «Estiven a punto de quedarme co Gonzaba, pero non puido ser e decidinme a mercar unha finca en Sarela e a montar un mesón, baseado nunha cociña similar, pero con outros entrantes e pratos», razona. «Eu representaba varias firmas de sidra e oferteina escanciada», asiente sobre una de sus señas. «Durante oito anos montei unha festa sobre esa bebida, con casetas no aparcamento e ata un dúo musical. Viña xente de Asturias e o local enchíase. Iso axudou a darnos a coñecer», recalca sobre un auge que lleva a cifras. «Un bo sábado poden saír 60 chuletóns e moito pescado á brasa, como bacallau ou corvina, polo que me preguntan clientes que chegan de sitios como Barcelona», defiende insistiendo en lo decisivo del «boca a boca» y aclarando que inquilinos como el pívot Michael Ruffin ayudaron a la popularidad del amplio local. «Na planta de enriba teño dous pisos. Nun vivo eu e outro alúgoo. Durante dous anos el residiu aí. Falábame en inglés e eu en galego. Sempre quería pescado antes dos partidos. Ata ía coméndoo nun táper», recuerda risueño. «Arrastrou aquí ao Obradoiro. Lembro aos seus seis fillos na cociña. Foi unha etapa bonita», acentúa encadenando vivencias.

«Un político que me coñecía do Gonzaba sentouse nesta mesa durante dez anos», muestra con cariño antes de señalar un mural con fotografías de antiguos futbolistas de la zona. «Fíxoo un cliente. Gústame cando a xente recoñece nel aos seus avós. Eu atendín a tres xeracións de santiagueses. Houbo quen ata se comprometeu aquí», afirma mientras se acerca a un expositor con productos de su firma, Almacenes GPB. «Collín unha nave en Milladoiro, con tenda», enfatiza, siempre creciendo, también en el mesón. «Ao abrilo na miña aldea, nun sitio non de paso, non pensei telo 20 anos a rebentar. Dubidaba se en agosto ía chegar xente ata aquí, pero sorpréndeste. Traballei ben ata na pandemia. Coa nosa terraza puiden recuperar a tres persoas do ERTE ao día seguinte da desescalada», remarca.

Sandra Alonso

«Doeume non poder adicarlle tempo á familia. As dúas fillas xa non quixeron adicarse a isto», admite. «Foi moito esforzo, pero valeu a pena. Sigo con forza», termina animoso.