Son «millennials» y no encajan en el estereotipo, ellos estudian y trabajan

Patricia Calveiro Iglesias
P. Calveiro SANTIAGO / LA VOZ

TRAZO

Aunque conocen a ninis, ven injusto que se generalice y se trate a toda una generación como tal

21 mar 2018 . Actualizado a las 20:12 h.

Tienen entre 17 y 37 años y, según los expertos, son egocéntricos, carecen de compromiso social y están enganchados a los móviles. Aunque son la generación mejor preparada, hijos del baby boom y de la prosperidad económica, los millennials cargan con muchos estereotipos sobre sus espaldas. Una de las generalizaciones que más les duele, dicen, es que se les considere unos vagos. Las grandes víctimas de la crisis y el paro juvenil alzan la voz para decir que no todos son ninis. Muchos estudian y trabajan, y no siempre por necesidad, porque sus padres les podrían pagar su formación; sino por convicción.

Basta con rascar un poco para encontrar este perfil. En el ciclo superior de Estética Integral y Bienestar del IES Lamas de Abade (Santiago) encontramos varios ejemplos, como el de Rocío Domínguez y Alba Docampo.

¿Y cómo se sienten cuando se habla de su generación como la de los ninis? La mayor de ellas, Rocío, de 31 años, considera que «hay de todo, como en todas partes. Hay gente a la que se lo dan todo echo y se siente cómoda en ese papel, por las cosas que veo, pero creo que también hay otros que se saben buscar muy bien la vida para pagarse sus estudios; y muchos no tienen unas posibilidades económicas o un respaldo en sus padres como lo tengo yo». Alba, de 22, va más allá y dice que cada vez conoce a más gente en su misma situación, estudiando y trabajando: «Os salarios baixaron e os novos teñen que traballar, xa non só para pagarse os caprichos, coma min, senón para sobrevivir».

Y es que, según los últimos datos del Instituto Galego de Estatística, en el 2017 había 31.300 jóvenes en Galicia parados que no estudiaban de entre 16 y 29 años; en un país que es el segundo en la Unión Europea con un mayor número de ninis. Sin embargo, estos no representan ni al 10 %.

LUIS COBAS

«Empecei a traballar de solista con 13 anos»

Tampouco Alba Docampo traballa por obriga. «É por hobby», di. «Empecei a traballar con 13 anos», conta. É solista e ten o seu propio espectáculo. Ela soa sobre o escenario co seu Show Musical Alba. Canta en vodas, bautizos, primeiras comuñóns e en todo o que se terce no seu concello, Trazo, na zona de Ordes e mesmo na de Santiago de vez en cando. «Son todoterreo», comenta con voz alegre. O seu repertorio vai dende o merengue ata os pasodobres ou os últimos éxitos do mundo da verbena. «Cando máis traballo teño é no verán, aínda que poida saírme logo algo máis fóra da tempada. Así podo manterme durante o inverno, porque se traballa moito menos nesa época, pero é unha maneira de cubrir os meus gastos e caprichos, ao tempo que fago o que me gusta sen ter que depender dos meus pais», sinala.

Co que aforra esta moza de Trazo, dálle tamén para pagar o que se lle vai en gasóleo e desprazamentos, posto que estuda en Santiago o ciclo superior de Estética e Benestar. Explica que, aínda que os seus pais querían que estudase, «viron que me gustaba cantar e sempre me apoiaron. Déronme a oportunidade de facelo». Agora non lle fai falta pedirlles cartos. «Vivo con eles, pero asumo a miña parte dos gastos». Na súa casa teñen vacas e «sempre axudo no que podo».

«Creo que por moito que estudes, se non tes ganas de atopar un emprego, non das o paso. É todo vontade», afirma Alba. Ela considera que o feito de traballar dende tan nova fixo que «madurara máis rápido, para ben».

A cantante recoñece que molesta «escoitar que a xeración de hoxe non sabe o que é o esforzo nin ten idea do que é traballar por aí». «Eu, por sorte, nunca me vin na situación de non ter cartos. Pero creo que cada vez hai máis xente que traballa para pagarse os estudos e paréceme que non se lles recoñece o esforzo. Quedan nun segundo plano», sostén Alba.

XOAN A. SOLER

«Compaxinar horarios non sempre é doado»

Hai dous anos que Diego Pérez Pérez empezou como dependente nunha tenda de roupa. Tiña 22. Viña de rematar a carreira de Arte na Universidade de Santiago e, relata, «non sabía se me ían a dar unha bolsa para seguir estudando. Vinme un pouco obrigado a aforrar para facer o mestrado». Desa forma asegurou a matrícula no máster que quería facer. Agora cursa o de Estudos Medievais na USC.

«Estar traballando quítache moito tempo e compaxinar horarios non sempre é doado. En novembro tiven que reducir xornada na tenda porque me coincidía cos do mestrado e era imposible», recorda. «Estiven dende setembro ata decembro, levantándome moi cedo para facer cousas de clase. Entraba no traballo ás nove, ou antes. E tiña que cambiar cos compañeiros de tarde o turno para poder asistir ao máster», conta este mozo de 24 anos, nado no Porriño e afincado en Compostela.

«É certo que hai este tópico da xeración nini, e para nada. Non sempre se poden contar con bolsas e non sempre chegan as axudas a tempo, polo que estás meses sen fondos. Moléstame, a verdade. Non se pode xeneralizar. Haberá xente que non quere traballar por circunstancias persoais, e hai quen fai ambas cousas e habería que recoñecerllas», defende Diego.

MERCE ARES

«No quiero pedirle dinero a mis padres»

Rocío Domínguez Baleirón tiene una agenda apretada. Estudia el ciclo de Estética y Bienestar en Santiago. «Dejé los estudios en bachillerato porque quería trabajar y, viendo cómo está el mundo laboral y que no voy a poder alcanzar todo lo que quiero ser, decidí hacer la prueba de acceso a la universidad el año pasado, con 31 años recién cumplidos», cuenta la vecina de Rois. «Nunca es tarde para volver a estudiar. Aprender siempre está bien y, si tienes la oportunidad de seguir formándote, mejor. Además, es un punto a mi favor haber estado trabajando estos años para saber lo que quiero estudiar», indica.

Rocío empezó a trabajar cuando cumplió la mayoría de edad de camarera en el bar de una tía, en Zamora. Nunca pasaron por apuros económicos en casa, aclara, simplemente «no quiero pedirle dinero a mis padres. Dejé de hacerlo hace bastantes años, porque yo soy así». Hoy, además de hacer un ciclo superior, enseña a bailar en su municipio a un grupo de lo más heterogéneo, de entre 15 y 64 años. Los fines de semana trabaja como camarera y, además, «tengo una especie de oficina-almacén con unas compañeras y damos clases de maquillaje, cuidado de la piel y masajes, con lo que conseguimos una paga extra. Los miércoles voy yo a clases de baile para seguir formándome y los martes a teatro».