La despedida del cocinero que deja huella en un colegio de Val do Dubra: «Non tiven valor para dicirllo aos rapaces no último día de clase porque me ía emocionar»
VAL DO DUBRA
Óscar Fernández fue, desde el 2013, el chef del CEIP Xacinto Amigo Lera de Portomouro demostrando que se puede hacer alta cocina de kilómetro cero en un colegio público y del rural. Logró además que los niños identifiquen los alimentos, y los prueben. «Unha nai contoume que nun restaurante o seu neno sabía o que era o hummus, e que eu o facía con fabas de Lourenzá», celebra. En septiembre arranca en el C.P.I. dos Dices de Rois
08 jul 2026 . Actualizado a las 13:40 h.Gran parte de la comunidad educativa del CEIP Xacinto Amigo Lera, un humilde colegio del rural emplazado en Portomouro (Val do Dubra), se enteró hace pocos días, tras hacerse público en las redes sociales, que su cocinero, Óscar Fernández, quien con entrega y cariño se convirtió en todo un referente entre los comedores escolares, y en el oficio de lograr que los niños coman de todo, cambia de destino. «O último día de clase non tiven valor para dicirllo aos rapaces. Sabía que me ía emocionar… En redes publiqueino hai catro días, aclarando que quizais era o comentario máis complicado de cantos fixen en anos. Foi unha decisión moi difícil de tomar, que responde a preguntas da cabeza e non do corazón», reflexiona Óscar, aludiendo a un anuncio que acompañó de una pequeña parte de los muchos dibujos que los alumnos le hacen llegar a su cocina.
«Nun cartafol teño gardados case 600 debuxos, tanto desta etapa en Val do Dubra como doutra anterior en Vilatuxe, en Lalín. Hai xente que pensa que os tiro, pero iso nunca. Son moitos recordos... Neles os nenos tanto te converten en protagonista como se poñen eles como cociñeiros, ou mesmo che piden que lles fagas unha elaboración… Para min traballar con nenos é unha bendición, algo moi reconfortante, pola sinceridade coa que valoran os teus pratos e polo moitísimo que che aportan… Eles dan sentido ao meu traballo. Agora son máis neno que hai 13 anos!», subraya con entusiasmo Óscar a sus 45.
«En Portomouro, ao ser tamén un colexio do rural, traballei desde o 2013 con moita marxe. Estaba moi, moi a gusto», refrenda un cocinero que tanto logró, también con apuestas divertidas, que las frutas y verduras le entrasen por los ojos a los niños, como demostró, con elaboraciones, como la de un menú fusión de gastronomía gallega y de otros países, que, con un presupuesto ajustado, se pueda hacer alta cocina en un colegio público. En su haber está también haber montado romerías en el patio animando a los niños a vestirse de época o haber invitado a abuelos de escolares a que cocinaran con él. En el 2019 el comedor del CEIP Xacinto Amigo Lera se convirtió además en el primero kilómetro cero de Galicia, certificado por Slow Food.
«Voume con moitas satisfaccións… Unha delas é saber que os nenos saben identificar todas as froitas e as verduras. Os pais comentan que os seus fillos, nos supermercados, recoñecen se un produto é ecolóxico ou de Galicia, e que mesmo lles apremian para que os merquen. Unha nai díxome que, nun restaurante, o seu home preguntou polo hummus e o seu fillo respondeu que Óscar o facía con fabas de Lourenzá. Preguntáronlle extrañados se sabía o que era, e o rapaz dixo: ''E como non o vou saber…?''», realza ilusionado un cocinero nacido en O Carballiño —procede de una familia de pulpeiros— y vecino de Santiago desde hace más de 20 años.
«Algo no que tamén notas que xa teñen cultura gastronómica é que, sobre todo aos maiores, aos de quinto e sexto de primaria, xa é moi difícil sorprenderlles como coas gominolas saudables que fago con queixo de Arzúa-Ulloa e marmelo. Moitos rapaces axúdanche na cociña…», prosigue Óscar reconociendo que, aunque le cuesta compartir sus sentimientos, estos días, tanto por redes como en persona, no logra ocultar su emoción por las sucesivas muestras de afecto.
«Eu padezo de vertixe e o outro día, dende a miña, casa, no barrio compostelán de Santa Marta, fun ao PAC do Clínico. Cheguei á consulta e atendeume unha médico nova. Eu sentín que me trataba con familiaridade, chamándome polo nome. Receitoume o necesario e vin que escribía algo nunha nota. Xa fóra da consulta, deuma xunto a un caramelo mentolado. Na nota poñía que tiña que tomalo cada oito horas… No colexio, cada vez que un neno se mancaba, acostumaba vir á cociña, onde eu tiña un botiquín e gardaba caramelos. Dicíalles que os tomasen cada oito horas… Saín chorando do hospital. Sei que a esa médica algún día lle tiven que dar de comer», razona, antes de aclarar por qué se decidió a mudar de centro.
«Eu sei que outro cole como este non o vou ter. O que pasa é que creo que para min é necesario un cambio de aires; ver outras cousas. En cociña non só aprendes de ti, senón tamén cos demais. E coido que me facía falta un cambio… Aínda así, foime foi difícil… así como tamén escoller no traslado. Ao final só escribín un, tamén rural, e do que me falaron moi ben. É o do C.P.I. dos Dices de Rois», apunta casi en un susurro.
«Gustaríame comezar de cero alí; que non condicionara o que fixen antes. Por iso non o anuncio», confiesa, reconociendo su pena por marchar del centro de Val do Dubra.
«Traballando na función pública, na cociña, un sabe que se, por exemplo, elixes un centro de Política Social, os soldos van ser maiores. Pero eu teño claro que busco algo máis, e para min iso supón traballar con rapaces. Non hai nada máis gratificante», remarca.