Os comerciantes da praza de abastos de Ribadeo farán reparto a domicilio neste confinamento

La Voz RIBADEO / LA VOZ

SOCIEDAD

JOSE ALONSO

As persoas interesadas poden poñerse en contacto cos praceiros/as que lle interese en horario de 8 da mañá a 14 horas

02 abr 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

As praceiras e praceiros do mercado de abastos de Ribadeo farán reparto a domicilio durante o estado de alarma. Trátase dunha campaña que pon en marcha a Concellaría de Desenvolvemento Local en colaboración cos vendedores da praza, segundo deu a coñecer esta mañá o edil Pablo Vizoso.

O concelleiro ribadense explicou que «a Área de Desenvolvemento Local e en colaboración cos persoas praceiras da praza de abastos de Ribadeo pon en marcha unha campaña para promocionar un servizo de reparto a domicilio dos produtos vendidos polos postos de alimentación do mercado de abastos con fin de facilitar as compras á veciñanza e ademais permitir que #Ribadeoquedenacasa».

Vizoso Galdo dixo que «o servizo estará en funcionamento durante o estado de alarma e as persoas interesadas poden poñerse en contacto cos praceiros/as que lle interese en horario de 8 da mañá a 14 horas, consultar os produtos dispoñibles, realizar compra por teléfono e recibila nas súas casas, sen necesidade de acudir ao mercado. Este servizo estará dispoñible para pedidos de como mínimo 20 euros».

O edil de Desenvolvemento Local sinalou que “na iniciativa participan todos os negocios dos sectores de froiteria e verdura, peixería e carnicerías, polo que a clientela seguirá gozando dos produtos de calidade da praza así coma da atención personalizada que se pode atopar neste espazo».

Pablo Vizoso agarda que «sexa un servizo moi ben recibido pola veciñanza como foi no caso das produtoras da horta. E con esta iniciativa tamén pretendemos reducir o impacto da crise do coronavirus nos pequenos comercios e nos pequenos produtores», concluía o concelleiro.