Patrocinado porPatrocinado por

A Xunta convoca axudas para instalar enerxías renovables nas empresas agrícolas

Somos Agro REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS AGRO

ALBERTO LÓPEZ

Os interesados dispoñen ata o 15 de maio para poder presentar a súas solicitudes

23 ene 2020 . Actualizado a las 10:30 h.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas destinadas a subvencionar proxectos de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria. A convocatoria, feita polo Instituto Enerxético de Galicia, conta cun presuposto de 2,5 millóns de euros. O prazo para a presentación remata o próximo 15 de maio.

Poderán beneficiarse destas subvencións as empresas ou os autónomos incluídos no sector da produción agrícola primaria, pero non os particulares. A contía destas axudas será do 35 % do custe da nova instalación, cun máximo de 100.000 euros por proxecto e de 300.000 euros por empresa, salvo para a instalación de autoconsumo colectivo que pode chegar a 500.000 euros. A intensidade da subvención incrementarase un 20 % no caso das pequeñas empresas e un 10 % no caso das medianas. O investimento mínimo ten que ser de 5.000 euros. Máis información en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200122/AnuncioG0474-191219-0005_gl.html