A Asociación de Escritores en Lingua Galega rinde homenaxe a Ramiro Fonte

La Voz

VIGO

15 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A sede viguesa da Fundación Caixa Galicia acollerá o vindeiro venres 17 de abril, a partir das 19,30 horas, un acto de homenaxe ao escritor Ramiro Fonte.

O acto iniciarase coa actuación musical do Grupo Instrumental Siglo XX. A continuación, celebrarase un recital poético con participación de X. M. Álvarez Cáccamo, Manuel Álvarez Torneiro, Ignacio Chao, María do Carme Kruckenberg e Xulio L. Valcárcel. Tras unha segunda actuación musical, as recitacións proseguirán coas intervencións de Gonzalo Navaza, Román Raña, Xavier Rodríguez Baixeras, Cesáreo Sánchez Inglesias e Xavier Seoane. Ramiro Fonte finou en Barcelona o 11 de outubro de 2008. Ocupaba a dirección do Instituto Cervantes en Lisboa. Colaborador en prensa e membro da Real Academia Galega da Lingua, exerceu como docente de Lingua e Literatura Galega en Vigo e foi profesor no Instituto Cervantes en Londres.