Os Premios da Crítica recoñecen «O que arde», de Oliver Laxe

A asociación cultural entregou en Vigo os premios das oito modalidades que recoñecen a actividade cultural e científica en Galicia


Vigo

O xurado da XLIII edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Cine e Artes Audiovisuais acordou outorgar por unanimidade o premio á película O que arde, de Óliver Laxe.

O xurado salientou que son moitas e ben relevantes as razóns para premiar o traballo conxunto realizado na longametraxe. «O que arde aparece como unha proposta, fermosa e poética, que se expande a través da memoria recente: Cannes, os premios Goya, a preselección aos Óscar, as resonancias da nosa lingua, a sabedoría dun atávico legado, a procura dunha emoción, o coñecemento mundo adiante», sinalou o xurado.

A asociación Premios da Crítica de Galicia fixo público hoxe os galardonados nas súas distintas categorías. En creación literaria, o galardón foi para Feliz Idade, de Olga Novo: Anarquistas Galegos en América, de Bieito Alonso, recibiu o premio de Investigación; GCiencia.Portal da Ciencia Galega, o premio de Iniciativas Culturais e Científicas; Margarita Viso, o premio de Música; Alfonso Costa, o premio de Artes Plásticas; Os Monicreques de Kukas, o premio de Artes Plásticas; e a Festa do marisco do Grove, o premio de Cultura Gastronómica.

Baixo o lema «A Nosa Fala. Na súa acea a moerse está o pan do porvir» de Ricardo Carvalho Calero, a pesar da imposibilidade de celebrar o acto coas súas características habituais, a asociación Premios da Crítica de Galicia mantivo a tradición de anunciar en outono uns premios, que ven outorgando dende 1978, coa intención de recoñecer a excelencia e a relevancia dos labores individuais e colectivos máis destacados nos diversos ámbitos da creación cultural e da investigación en Galicia durante o ano 2019.

Dende comezos do mes de outubro, as 56 persoas compoñentes dos oito xurados, que se unen ao mais do milleiro de participantes ao longo de máis de catro décadas, traballaron e ditaminaron de forma virtual sobre as propostas presentadas libremente por editoras, produtoras e outras entidades culturais.

Esta XLIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia estivo patrocinada polo Concello de Vigo, A Xunta de Galicia e a Deputación provincial de Pontevedra, sendo entidades colaboradoras Afundación e Sargadelos.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Os Premios da Crítica recoñecen «O que arde», de Oliver Laxe