O galego leva a todas partes en Redondela

Luis Carlos Llera Llorente
Luis Carlos Llera REDONDELA / LA VOZ

REDONDELA

Oscar Vazquez

Tres de cada catro sinais reflicten a aposta lingüística da vila dos viadutos

17 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O 75 % por cento das sinais institucionais de Redondela están en galego fronte a un 25 % en castelán. Este amplo uso da lingua débese a política oficial da vila, que se ten caracterizado pola defensa do idioma e a súa promoción dense hai máis de dúas décadas. Estes datos aparecen no estudo feito polo investigador Miguel López Docampo sobre a paisaxe lingüística de Redondela. Trátase dun traballo que analiza a sinalización no municipio, un dos pioneiros en impulsar o uso do galego tras a restauración democrática, que foi publicado polo Seminario de Estudos Redondeláns.

O Concello aprobou en 1998 a ordenanza reguladora do uso do galego, que segue en vigor na actualidade. Este decreto marca os usos orais e escritos que teñen que ver coa administración municipal: rotulación, avisos, anuncios, relación con administrados e con outras entidades. O autor do estudo analizou 411 sinais monolingües, institucionais e privadas e outras 36 plurilingües. Mentras o galego é a lingua claramente predominante nas sinais institucionais, o castelán é maioritaria nas privadas, con 218 frente as 83.

O inglés tamén está presente en oito sinais da vila. Pode interpretarse que o uso do idioma de Shakespeare ten unha función claramente informativa para os turistas estranxeiros, xa que Redondela recibe cada vez un maior número de peregrinos. Docampo detectou un aumento progresivo da súa presenza que se debe á forte función simbólica que ten na poboación. O inglés, ademais, ten prestixio. De feito, o traballo sobre a sinalización está feito tano en galego como no idioma más internacional.