Catro casas de comida para parar no camiño

MARCO SORIANO DE TEJADA

YES

ANA GARCIA

Son moitos os establecementos situados ao pé das distintas rutas a Santiago que se fixeron famosos e se especializaron nunha elaboración. Aquí vai unha mostra

25 ago 2022 . Actualizado a las 16:20 h.

Segudo o punto de partida do noso destino, a catedral de Santiago, a paisaxe gastronómica pode variar substancialmente para ir desentrañando sorpresas a medida que avanzamos. Non é a mesma oferta culinaria e de produtos a que podemos atopar no Camiño Francés, á que nos ofrece o que percorre a vía da Prata, o Portugués ou do Norte. O que é certo é que ao entrar en Galicia, as propostas son máis uniformes e en case todos os lugares atopamos produtos autóctonos, identificados co medio ambiente e de quilómetro 0. Os distintos camiños caracterízanse por unha gastronomía fortemente enraizada na tradición que sempre estivo ligada a eles.

Se a nosa viaxe por Galicia está marcada polos antecedentes portugueses, o polbo vai ser unha constante no noso camiño, e se ao percorrer o país veciño imos atoparnos co saboroso cefalópodo, ao pasar pola localidade de Caldas de Reis, en O Muíño, ímolo atopar á feira, nunha das más sinxelas e mellores elaboracións de toda a ruta. Pero se o polbo é tradición en toda Galicia, non hai que esquecer o famoso caldo galego. En Baamonde, localidade pola que pasa o Camiño do Norte, este reconfortante prato nunca falta, mesmo no verán, no Restaurante Galicia, situado ao pé do percorrido. Non lonxe de alí, en Portomarín, por onde pasa a ruta de Roncesvalles, está o Mesón do Loyo lugar onde se serve a anguía. Un peixe que antes era para mesas con poucos recursos e hoxe demandado polos máis exquisitos padais, ben fritida ou guisada con viño. O mesmo ocorre co boi do Pepiño de Allariz, que abandonou os traballos agrícolas para converterse nun dos petiscos máis cobizados da vía da Prata, e que se poden degustar nesta fermosa vila ourensá.