Santiago García, padre solo por elección: «Aos dez días de adoptalo, xa non podía vivir sen el»

YES

Sandra Alonso

Para tener un hijo no hace falta pareja. Solo desearlo con todas tus fuerzas y proponértelo. Así fue cómo este vecino de Teo eligió ser padre, pero siempre tuvo claro que sería a través de la adopción. Ahora sabe que es una de las mejores decisiones que tomó en la vida

20 mar 2023 . Actualizado a las 21:32 h.

Santiago García Souto no cree que tenga más mérito que otros padres por el hecho de haber elegido criar solo a su hijo Santi. Lo hizo por convencimiento y porque siempre en su casa el tema de la adopción estaba en boca de todos. «Eu son fillo único e na miña casa sempre se falou moito da adopción. Meu pai nunha época quixo adoptar tamén. Pero a miña nai dicía que con cincuenta e pico anos xa non era o momento. Entón, non era algo estraño para min. Era moi normal e natural».

Tanto fue así que cuando era aún muy joven, sus progenitores ya le habían animado para que iniciase el proceso de adopción: «Desde moi novo, con 22 ou 23 anos, sempre me dicían que adoptase a un neno. E que despois se eu quería máis adiante podía ter máis fillos. Dicíanme: ‘Faino agora que nós somos novos e axudámoste'. Quero dicir que na miña familia era algo que saía instintivamente». Sus padres no pudieron verlo porque fallecieron antes, pero cuando tenía 37 años, Santiago se animó a formalizar un deseo que hacía mucho tiempo que le rondaba: «Eu estaba solteiro e decidín facelo. E mira que podería tomar outras opcións para ser pai. Pero non era só unha necesidade de ser pai, senón, ao mesmo tempo, facelo pola vía da adopción».

Fue así como inició un proceso de dos años en los que asegura que cuando la burocracia sale de nuestras fronteras, todo se complica. «É mellor non volver pensalo porque non volvería pasar por iso. Eu adoptei en Rusia e tardei un ano en facer os cursos, en informarme, en que me desen a idoneidade da consellería, as inspeccións correspondentes e toda a historia. E despois, desde que mandei a solicitude para Rusia tardei como outro ano máis. Fun por libre e iso permitiume ir máis rápido, aínda que se triplican os gastos», explica mientras reconoce que no percibió ningún obstáculo ni reticencia por el hecho de ser padre único: «Ou tiña unha avogada moi boa rusa ou a min nunca me puxeron problemas de ningún tipo. De todos modos, hai un xuízo e unha sentenza, non é a Administración quen concede a adopción. Cada país funciona dunha maneira distinta».

Una de las imágenes que jamás podrá olvidar es la primera vez que vio a su hijo. «Teño tres imaxes gravadas na miña vida e unha é esa. Non se borra. El tiña dez meses e era nunha oficina moi pequeniña que tiña un sofá azul ceo horrible. Eu estaba alí sentado cunha amiga miña, a directora do orfanato, unha persoa da Fiscalía de alí e o tradutor. E foron buscar ao neno. Recordo que estaba cos cóbados apoiados nos xeonllos mirando cara abaixo e entraron con el. Eu non quería mirar», comenta. Hasta que su amiga soltó una frase con la que ya no pudo contenerse: «‘Que cousa máis linda!', dixo». Ahí Santiago ya se derritió, lo cogió en brazos y le dio un beso: «Pero como tiña barba, o neno fixo un xesto como de apartarme. E pensei: ‘Pois si que empezamos ben' [se ríe]». Y reconoce que también tenía ciertos temores: «Pensaba: ‘Vou ter un fillo, e se logo non o dou querido?' Porque che poñen un neno nos brazos e telo que querer. Isto non é, ‘a ver se lle quero'. Non é como cando coñeces a alguén e a ver se te namoras. Non, non. Aquí hai que namorarse si ou si. Pero recordo que foi un proceso rapidísimo. E aos dez días, xa non podía vivir sen el».

No sabría decir si esa ha sido la mejor decisión de su vida, pero lo que tiene claro es que «se hoxe me falta, acábaseme a vida», aunque explica que a veces idealizamos algunas etapas como la de casarse o tener hijos: «A xente solteira e os que non teñen fillos tamén son felices. Ter fillos é unha necesidade que ti creas e despois non podes vivir sen eles. Nada máis. Se eu non tivese un fillo, tería unha vida diferente. E seguramente plena e feliz tamén. Pero o que teño claro é que nunca houbo un día de arrepentimento daquela decisión». Además, no se considera más especial por el hecho de criar solo a su hijo: «Non é verdade que sexamos superheroes. Sempre temos xente ao noso redor que nos axuda. Canto máis só estás, máis xente necesitas. Nunca estás só para crialo. Tes un pouco máis de responsabilidade, traballas un pouco máis e as decisións recaen sobre ti, pero non é para tanto tampouco».

Indica que el hecho de ser empresario también le confiere carácter y ánimo para la crianza. «Eu teño dúas empresas — [una de ellas la explotación láctea La Asunción, en Teo] e estou afeito a pelexar cos problemas. Ás veces, chámame algún amigo para dicirme que está só cos nenos e que tolea. E eu penso: ‘Miña naiciña!' [Se ríe] Teño feito tantas vendas cambiando cueiros... e facéndolle así co dedo para que non fixese ruído. Supoño que é cuestión de personalidade de cada un», dice.

Con optimismo

Por eso, se enfrenta siempre a los problemas con optimismo y buscando el lado positivo de las cosas. Prueba de ello es que a los seis meses de adoptar a su hijo, al pequeño le diagnosticaron una parálisis cerebral. «É unha parálise que lle permite facer unha vida con certa normalidade. Camiña con andador, comunícase perfectamente, entende todo... Está afectado, ten unha minusvalía do 70 %, pero aínda así pode facer unha vida relativamente normal», explica. «Era un neno que gateaba normal, ría de maneira normal e actuaba normal. Non se soubo ata que pasaron seis ou sete meses. É un proceso, pero acepteino rápido. Tampouco penses que intentei caer na desgraza nin tampouco quero que se sinta pena porque el é superfeliz. Pásao ben, é un rapaz que todo o mundo o adora, e sempre é moi agradecido. Os psicólogos, psicopedagogos e terapeutas ocupacionais sempre me din: ‘Que neno tan feliz!'», comenta. Y con eso es con lo que Santiago se queda porque «a obriga dos pais é facer fillos felices, non é facer fillos médicos, enxeñeiros ou técnicos en telecomunicacións»: «El é feliz. Que algunha vez me pode preocupar? Home, pois si, polo día de mañá. Gustaríame que tivese toda a saúde do mundo. Pero non polo feito de que non teña o problema que ten el sería máis feliz do que é. As necesidades que teño eu son moi diferentes ás súas. Entón, intentas suplilas e completalas».

Santiago reconoce que el hecho de que él pueda trabajar en el campo le permite una conciliación plena con su hijo: «Os nenos que teñen pais traballando na aldea, coma no meu caso, temos a vantaxe de que os fillos forman parte da rutina do traballo dos pais. Eu podo estar traballando e facerme cargo do meu fillo. Hai conciliación real. Non traballas coa mesma comodidade, pero podo estar na oficina e el poñerse a xogar aquí. Ou mesmo darlle leite aos becerros cun dos empregados e eu seguir traballando».

Y es consciente de lo afortunado que es: «Tivemos a sorte de que nos atopamos un día. Eu de atopalo a el e el de atoparme a min. E iso foi o mellor que nos puido pasar aos dous».