Brownie en 5 minutos
De todas as variedades de brownies é difícil decidir cal é o máis sabroso, mais está claro cal é o máis sinxelo; con moitísima diferenza
Esperamos adozarvos un pouquiño o día de hoxe cunha receita das que hai que gardar na rede si ou si, imprimila ou enmarcala, posto que nos ofrece unha das larpeiradas máis doces e apetecíbeis cun traballo case ridículo. Falamos do brownie. Se ollades o noso blogue, na listaxe de receitas comprobaredes a cantidade de brownies diferentes que levamos feitos e sen poder dicir cal é o máis saboroso.
Mais si sabemos cal é o máis sinxelo, con moitísima diferenza:
- 200 g azucre
- 100 g fariña
- 100 g manteiga
- 50 g cacao en po 0 %
- 2 ovos
- 1 cullerada de esencia de vainilla
- Un chisco de sal
- Abelás
Para comezarmos, temos que bater os ovos co azucre
Agregamos a vainilla e a manteiga fundida
Cando estén integrados, botamos a fariña e o cacao peneirados. E por último, as abelás
Botamos a mestura nun molde e cociñamos no microondas. Poñemos 2 minutos e medio a máxima potencia, deixamos repousar 30 segundos e volvemos a pór 2 minutos e medio. Xa están listos para comer!
Comentarios