Croquetas de espárragos e queixo

Este prato sempre é unha opción gañadora. Non hai quen non goce de esta elaboración, coa que ademais podemos xogar cos restos da neveira

Raciones4-6

Estarán as croquetas no top 5 de alimentos máis consumidos en bares e restaurantes da Península? Gustaríanos coñecer estatísticas que mostrasen que alimentos concretos son os máis solicitados polos galegos e galegas. Si é certo que algo encontramos na rede, mais referido a menús do día, alimentación xaponesa, mediterránea e demais. No tocante a pratos concretos nós estamos convencidos de que as croquetas teñen que estar moi arriba porque están nunha cheísima de cartas en mil e unha variantes

Nós adoramos probar croquetas novas, do que sexa. Desta volta, sobraban espárragos, e non houbo moito que pensar. Iso si, optamos por darlle cremosidade co ingrediente estrela: queixiño.

Aquí tes máis recetas dos autores de Bolboretas no bandullo:

Ingredientes
500 ml de leite
150 g de fariña
75 g de manteiga
150-200 g de espárragos
50 g de queixo
Noz moscada
Pementa moída
Sal
Para o rebozado: fariña, ovo, pan ralado
Aceite de oliva
Instrucciones
  1. Para comezarmos, temos de triturar os espárragos trigueiros. Reservamos.

  2. De seguir, botamos a manteiga na tixola ou na pota e agardamos até que se derreta.

  3. Agregamos a fariña e os espárragos. Mesturamos ben e engadimos o leite. Salpementamos e botamos noz moscada ao noso gusto. Nese momento, engadimos o queixo e mesturamos moi ben.

  4. Cociñamos até que a masa se comece a despegar do recipiente. Botamos a masa no táper e refrixeramos, como mínimo, 3-4 horas.

  5. Pasado ese tempo facemos as boliñas, empoando as mans con fariña, e pasámolas por ovo batido e pan relado

  6. Fritimos en abundante aceite (ou conxelamos). Xa están listas para comer!

Votación
3 votos
Comentarios

Croquetas de espárragos e queixo