Libros especiais para o Nadal

Juan José Lage / Ana Abelenda

LA VOZ DE LA ESCUELA

17 dic 2014 . Actualizado a las 10:55 h.

Un libro é o mellor agasallo. E máis se, aproveitando o esforzo que por estas datas de Nadal fan os editores, regalamos un libro que se saia do formato normalizado. Nesta páxina tedes suxestións para regalar libros singulares ou de colección, edicións deseñadas para sorprender e facer máis especiais os nosos presentes. Apuntamos aquí algúns deles, que pensamos poden servir de estímulo para incentivar a lectura e o amor aos libros, ademais de polos seus interesantes contidos. Son libros sen idade, pois mesmo se pode disfrutar da lectura que da contemplación do seu deseño, das ilustraciones e fotos ou dos desplegables e a enxeñaría de papel nalgúns casos.

MI PRIMER ATLAS DE CIUDADES

JONATHAN LITTON. SM

No es un atlas al uso, porque incorpora seis desplegables en tres dimensiones. La torre Eiffel, Venecia.... Un recorrido visual y esencialmente gráfico por unas 70 ciudades agrupadas en siete capítulos: ciudades con rascacielos, religiosas, ciudades históricas, monumentales...

Aporta datos de ciudades como Jerusalén, Benarés, Lhasa, La Meca, Ciudad del Vaticano... Venecia, por ejemplo, tiene 118 islas, 416 puentes, 177 canales, 350 góndolas, 50.000 turistas al día.

n Ilustraciones de Stephen Waterhouse, diseño técnico del papel de Andy Mansfield y traducción de Fernando Bort.

LIBRO GUINNES DE LOS RECORDS 2015

PLANETA

La conocida recopilación de los récords más curiosos del mundo agrupados en 11 apartados.

Las uñas más largas del mundo, la serie literaria más vendida (la de Harry Potter), la escritora más traducida, el corazón más grande del género animal... Reproduce miles de fotos en color en sus 255 páginas. Lleva una app de realidad aumentada para explorar en 3D diversas realidades con un smartphone o una tableta.

ESTACIÓN NADAL

LIBRO DISCO. MAMÁ CABRA. LUSTRACIÓNS DE KRISTINA SABAITE. SONÁRBORE. ED. GALAXIA

Mamá Cabra serve un Nadal de música e palabras para os máis pequenos da casa. No libro disco Estación Nadal, o grupo de música infantil escribe unha carta aos Reis Magos na que piden algunhas cousas de valor que non teñen prezo, como tempo, tempo para que os papás xoguen cos pequenos.

As badaladas do Nadal soan neste agasallo do selo Galaxia, no que atoparemos non só ás Maxestades de Oriente, senón tamén Diplodocos e Velociraptors.

EL GRAN LIBRO DE LOS JUEGOS PARA TODA LA FAMILIA

ÁNGELS NAVARRO, ORIOL RIPOLL. ANAYA

Se agrupan en diez apartados más de 200 juegos de diferentes países, lo que da una idea del carácter universal de algunos. Juegos con cartas, con dados, con papel y lápiz, con palabras, de tablero, de exterior, de mesa... Para cada juego incluye unas directrices mínimas: número de jugadores, material, duración y objetivos.

Son 230 páginas en encuadernación en tapa dura que viene repleta de ilustraciones.

MADAMA BUTTERFLY

BENJAMIN LACOMBE. EDELVIVES

Adaptación en tres actos de la ópera de Giacomo Puccini. Estrenada en 1904 en la Scala de Milán, está basada en la novela Madame Chrysanthéme de Pierre Lottí y en el cuento Madama Butterfly de John Luther Long. Cuenta la historia de amor entre el teniente Pinkerton de la Marina de EE.UU. y la geisha Cio-Cio-San. Una tragedia tomada de un acontecimiento real ocurrido en Nagasaki (Japón) en 1890. Es un libro-objeto para coleccionistas con páginas que, desplegadas ocupan nada menos que 10 metros de largo. Incluye 13 impresionantes láminas al óleo en el anverso y en el reverso, un fresco a lápiz y acuarelas. Con un lazo para asegurar las cubiertas.

n Traducido por Elena Gallo.

A SUPERHEROÍNA SUPERSÓNICA

MIREIA CANALS, SANDRA AGUILAR. BAÍA.

A alegría, a tranquilidade, a ira e o medo son motivo de conto na colección que vén de editar Baía sobre sentimentos e emocións. Non sempre é fácil descifralos, comprender a súa linguaxe. A educación emocional atopa unha canle de expresión en libros como A superheroína supersónica. Neste, Ana enfróntase ao seu medo, aos montros cos que o temor adoita poboar a escuridade. ¡Pero si os monstros non existen!, dirás con acerto, mais para convencerse cómpre ler esta historia sobre unha superheroína que, de seguro, atoparás na túa casa.

n Os libros da colección de emocións de Baía complétanse con actividades.

LA COCINA DE NOCHE

MAURICE SENDAK. KALANDRAKA

El ilustrador estadounidense, autor del clásico Donde viven los monstruos, vuelve en una historia rimada con una incursión en el mundo de los sueños infantiles, con vivencias del propio autor. Miguel (Mickey) se introduce en la cocina de tres pasteleros, caracterizados como Oliver Hardy (el Gordo y el Flaco), y les suministra tras viajar a la Vía Láctea, la leche suficiente para terminar un pastel.

OS MONSTROS GRANDES NON CHORAN

ÁSLAUG JÓNSDÓTTIR; RAKEL HELMSDAL; KALLE GÜETTLER. SUSHI BOOKS

É doado imaxinar monstros, grandes e pequenos, mais ¿quen se pode figurar que eles tamén choran? As cousas adoitan cambiar segundo o punto de vista que se adopte. Esta é unha das orixinais propostas do selo Sushi Books para mudar a actitude cara aos monstros, que non sempre meten medo. A tipografía e a expresividade das ilustracións axudan a converter esta conmovedora historia para nenos a partir de 4 anos nun bebedizo contra prexuízos e estereotipos, e mais nun espello das inseguridades e as emocións humanas.

LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DEL SR. MORRIS LESSMORE

WILLIAM JOYCE. ALFAGUARA

Álbum gráfico en formato apaisado que reproduce el cortometraje del mismo título ganador de un Oscar en el 2011. Espectaculares ilustraciones para una emocionante historia de amor a los libros inolvidables que siempre nos acompañan. Con el protagonismo del joven Morris, que encuentra de nuevo el camino del libro y su refugio en una biblioteca.

n Ilustraciones de W. Joyce y Joe Bluhm. Traducción de Janell de la Rosa.

PORQUE CUQUI NON QUERE IR Á LAVADORA.

MARÍA LADO. ILUSTRACIÓNS DE YANINA TORRES TUIRAN. APIARIO.

Este conto para lerlles aos maiores antes de durmir, mais tamén para primeiros lectores, naceu dun poema de María Lado. Da colección Niño de Abella do selo Apiario, nel sopra o Hortensia e aniña un apego vital. Este é un chisco de complicidade cos pequenos, ese que ás veces présas e preocupacións nos levan aos adultos a esquecer. Benvida a poesía da realidade cotiá, que detén o centrifugado da rutina e que aquí pendura en letras coma música a escritora María Lado.

n Este é tamén un libro xogo: inclúe mariquiñas e un cordel de tender a roupa. Accesible o booktráiler na web apiario.eu/

FEROZ, O LOBO

MARGARITA DEL MAZO, LEIRE SALABERRIA. OQO EDITORA.

As aparencias enganan, advirte a lectura da historia de Feroz, un lobo que leva ao lombo unha fea sona cimentada nunha longa historia de ficción. Nesta colaboración co selo OQO, a autora escribe un relato «para reconciliarse cos personaxes do conto», como subliña na súa web a editorial. Un lobo máis humano e unha Carapuchiña lobuna, ¡que ata ten orellas en pico!, reescriben o conto con humor e un punto de lúcida loucura.