O primeiro mes do ano déixanos instantáneas de frío, néboas e olas, pero tamén dunha lúa chea tremendamente fotoxénica. Xaneiro tamén foi mes de precampaña política, resaca navideña e previas de entroido
La Voz de Galicia
La Voz
A Lúa de Lobo sobre a capela de San Bartolo en Vimianzo. 25/01/2024Basilio Bello
Ourense convertida en galaxia. 05/01/2024Santi M. Amil
Primeira vaga de frío na beira do Miño. 20/01/2024ÓSCAR CELA
Néboas matinais, dentro da ola de frío, na ruta da Pedra e da Auga en Meis. 20/01/2024MONICA IRAGO
A néboa cubre os parques de cultivo de Carril. 14/12/2023MONICA IRAGO
As estelas dos avións e o bo tempo protagonizan a posta do sol en Xunqueira (Viveiro). 29/12/2023PEPA LOSADA
Mañá fría de brétema na desembocadura do río Umia. 24/01/2024Martina Miser
Coméntase por aí que non hai lúa coma a de xaneiro nin amor coma o primeiro. 25/01/2024Santi M. Amil
Brétema e marexada en Faro Silleiro. 30/01/2024M.MORALEJO
A espectacular praia de Reira co faro Vilán ao fondo. 25/01/2024Ana García
Unha garza real na lagoa de Baldaio. 24/01/2024Ana García
Un can xoga coas olas da praia do Orzán nun atardecer despexado, despois de varias semanas sen poder ver o sol. 12/2023MARCOS MÍGUEZ
Un surfista baixa a praia da Lanzada. 12/01/2024Martina Miser
Aproveitamento dos últimos raios de sol no banco máis agradecido de Verín. 26/01/2024Santi M. Amil
BiciCoruña triunfa na cidade herculina. Cada vez é mais habitual o emprego da bicicleta como transporte sostible. 09/01/2024MARCOS MÍGUEZ
Xóvenes tomando o sol no parque de Bonaval en pleno xaneiro. 24/01/2024Sandra Alonso
Solpor no camposanto do Pao, en Gomesende. 24/01/2024Santi M. Amil
Un estudante mira as humidades coas que habita nun piso de aluguer. 15/01/2024XOAN A. SOLER
Momentos previos a entrada de estudantes aos exames MIR na Facultade de Mediciña, en Santiago. 20/01/2024XOAN A. SOLER
Un trailer con coches de época queda avariado no medio da ponte do Carme de Abaixo, en Santiago. 12/01/2024XOAN A. SOLER
Manifestación en Santiago pola defensa do mar. 21/01/2024XOAN A. SOLER
Un veciño queixase das molestias causadas por un cartel luminoso diante da súa casa. 23/12/2023XOAN A. SOLER
Saida da auga dos participantes no baño reivindicativo pola recuperación da praia de Panadeira en Bueu.RAMON LEIRO
Festividade do San Xulián na Illa de Arousa. 07/01/2024RAMON LEIRO
As palomas toman a Praza das Cinco Rúas de Pontevedra. 01/2024RAMON LEIRO
O barco de pesca «Nueva Libertad» en dique seco despois de embarrancar na costa de Ribadeo. Todos os tripulantes están a salvo. 17/01/2024PEPA LOSADA
Abraham Cupeiro posa co seu Cornu Romano despois da presentación da xira que fará coa Orquestra Gaos. 16/01/2024PACO RODRÍGUEZ
Acróbatas do Circo do Sol no ensaio do espectáculo Ovo. 03/01/2024PACO RODRÍGUEZ
Espectáculo do Ovo do Circo do Sol. 03/01/2024Sandra Alonso
Turistas disfrutando da choiva e do vento na praza do Obradoiro. 2/01/2024PACO RODRÍGUEZ
Desbordamento dos sumidoiros en Fontiñas durante unha forte tormenta. 17/01/2024XOAN A. SOLER
Unha nai co seu fillo na primeira ola de frío do ano. 08/01/2024Sandra Alonso
O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores durante a celebración do pleno de confianza. 08/01/2024RAMON LEIRO
Emotivo relevo na alcaldía de Trabada. O novo alcalde, Rubén García, non puido conter as bagoas en todo o acto. 19/01/2024PEPA LOSADA
Lara Méndez deixa a alcaldía de Lugo para ir de número dous con Besteiro. 08/01/2024ÓSCAR CELA
Momento do acto de nomeamento de Abel Losada como subdelegado do goberno en Pontevedra. 01/2024RAMON LEIRO
Comparecencia no parlamento da conselleira de Medio Ambiente Ánxeles Vázquez, polo problema dos pelets nas praias. 12/01/2024Sandra Alonso
A vicepresidenta segunda do goberno e ministra de Traballo e Economía Social Yolanda Díaz fotografada no hotel Finisterre de A Coruña. 05/01/2024MARCOS MÍGUEZ
O conselleiro de Cultura Román Rodríguez ponlle á conselleira de Infraestructuras Ethel Vázquez unha gorra de maquinista de tren no acto dos 150 anos do ferrocarril. 10/01/2024Sandra Alonso
24 séculos despois, Platón manten a mesma vixencia. 31/01/2024Santi M. Amil
Mariluz Fandiño, cociñeira da Taberna Daniel, é a encargada de elaborar o manxar que se gañou un posto na Guía Repsol. 19/01/2024ÓSCAR CELA
Peche do pequeno comercio despois da campaña do nadal en Vilagarcía. 17/01/2024MONICA IRAGO
Globo abandonado despois da feira Fexturrón en Vilagarcía. 16/01/2024MÓNICA IRAGO
Facianas de preocupación na xuntanza da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) pola crise dos pelets. 09/01/2024MONICA IRAGO
Traballadoras da empresa Atunlo concentranse no Grove polo despedimento de máis de cen empregados da fábrica. 12/01/2024Martina Miser
Axentes da Policía Nacional baixo a choiva nos actos do 200 aniversario da institución. 13/01/2024Martina Miser
Una marea de pelets llegaron a Galicia en enero. Así estaba la playa do Rostro en Fisterra. 03/01/2024Ana García
Un grupo de voluntarios limpan de pelets a praia O Piñeirón en O Grove. 10/01/2024MONICA IRAGO
Alumnos da escola As Bizocas recollen pelets e outros resíduos plásticos na praia de Area Grande, no Grove. 12/01/2024Martina Miser
Vertedoiro incontrolado no monte Xiabre de Vilagarcía. 23/12/2023MONICA IRAGO
Ruta BTT dos Callos en A Laracha. 28/01/2024Basilio Bello
Emotiva despedida de Jozi, unhas das mellores porteiras de fútbol sala feminino do mundo. Vaise do Pescados Rubén Burela para o Bitonto. 20/01/2024PEPA LOSADA
O emprego dos teléfonos móbiles xa está prohibido nos institutos de secundaria. Na imaxe alumnos do IES Urbano Lugrís de A Coruña. 08/01/2024MARCOS MÍGUEZ
Momento de humor dos bombeiros na cabalgata de Reis. 05/01/2024MARCOS MÍGUEZ
Os veciños de Vilagarcía adiantan a celebración do fin de ano tomando as uvas ás doce do mediodía. 31/12/2024RAMON LEIRO
Vivenda da aldea de Las Preciosas en Santa Comba iluminada durante o Nadal. 22/12/2023XOAN A. SOLER
Domingo oleiro na Limia. 28/01/2024Santi M. Amil
O «sentimento» do cigarrón Juan Carlos Castro pesa 22 quilos. 12/01/2024Santi M. Amil
Un atractivo anuncio de aluguer no Ensanche de Santiago. 31/01/2024Sandra Alonso
Asistentes ao acto de presentación de Alfonso Rueda como candidato a presidencia da Xunta de Galicia. 07/01/2024Sandra Alonso
Vigo reflexase no futurista ascensor HALO. 31/01/2024M.MORALEJO
Imaxe de moda no chamativo peche dunha finca na travesía Xulian Estévez de Vigo. 08/01/2024M.MORALEJO
Unha barca varada dentro do clásico peche «made in Galicia». 08/01/2024M.MORALEJO
Comentarios