0
As imaxes de outubro
Facebook
0
WhatsApp
0
Son as fotografías escollidas no mes pasado polos fotorreporteiros de La Voz. Retratos, xuízos mediáticos, vitorias deportivas e moitas instantáneas de natureza
La Voz de Galicia
08/11/2024 14:35 h
Arqueólogos fan estudos do cranio dun viquingo que se exhibe na exposición «Unha vida viquinga» no Museo Gaiás. 08/10/2024
PACO RODRÍGUEZ
Fotos de cabalos pasando diante da catedral de Mondoñedo no seu camiño á Feira de San lucas. 17/10/2024
Pepa Losada
Demostración de doma de cabalos na praza da Catedral dentro das actividades da Feira de San Lucas en Mondoñedo. 18/10/2024
Pepa Losada
Traballos para levantar a duna que protexerá ó paseo marítimo de posibles temporais. Praia de Riazor. 21/10/2024
ANGEL MANSO
Unha flecha amarilla humana rinde homenaxe no Obradoiro a Elías Valiña, creador da icónica sinal do Camiño. 14/10/2024
XOAN A. SOLER
O pianisda James Rhodes imparte a conferencia inaugural do curso de voluntariado en saúde mental no paraninfo da USC. 18/10/2024
XOAN A. SOLER
Homenaxe e ofranda floral a Lorca na Alameda de Santiago. 25/10/2024
XOAN A. SOLER
Danos no tellado do Conservatorio de Música de Santiago a consecuencia dos fortes ventos durante o paso do temporal KirK. 09/10/2024
PACO RODRÍGUEZ
Desbordamento do río Sar en Pazos, Padrón, durante o paso da borrasca Kirk. 09/10/2024
XOAN A. SOLER
Os mariscadores da confraría de Noia tiveron que baixar as praias despois do temporal Kirk para salvar o marisco que quedou na superficie da area. En primer termo o patrón maior, Santiago Cruz mostrando unha ameixas. 12/10/2024
CARMELA QUEIJEIRO
A Consellería do Mar entrega á cofraría de Corcubión 37 kilos de ameixa para regenerar a ría. 15/10/2024
ANA GARCÍA
Dúas turistas preparadas para a choiva en Santiago. 02/10/2024
SANDRA ALONSO
O temporal Kirk que chegou aquí como borrasca desfixo o polideportivo do instituto de Porto do Son. 10/10/2024
CARMELA QUEIJEIRO
Unha turista aproveita o bo tempo acompañada polo seu can. 13/10/2024
SANDRA ALONSO
Arco da vella sobre o Viaducto do Avia, A-52. 09/10/2024
Santi M. Amil
Vista dende San Roque da néboa sobre a ría de Viveiro. 01/11/2024
PEPA LOSADA
Auroras boreais vermellas dende o Cabo de San Adrián, en Malpica, coas Illas Sisargas ao fondo. 11/10/2024
ANA GARCÍA
Aroras boreais dende o Cabo de San Adrián, en Malpica. Na imaxe, unha estrela fugaz pola choiva de estrelas Dracónidas. 11/10/2024
ANA GARCÍA
O Paso do cometa Tsuchinshan-Atlas sobre a capela de San Bartolo de Salto, Vimianzo. 21/10/2024
ANA GARCÍA
Retirada dos olmos do xardín de San Carlos de A Coruña, unha das maiores olmedas de Europa que foi afectada por grafiosis. Unha enfermidade provocada por un fungo que causou a morte de 13 olmos centenarios
ANGEL MANSO
Chegada ao aeroporto de Santiago dos participantes no programa Reencontros con Galicia. 08/10/2024
PACO RODRÍGUEZ
Juan Carlos Agustín Espasandín, dez anos despois de recibir o primeiro corazón artificial de Galicia. 06/10/2024
ANA GARCÍA
Actuación dos bombeiros nun incendio no casco vello de Ourense. 26/10/2024
Santi M. Amil
Aula de educación secundaria para adultos no IES de Melide, onde se forman alumnos de sete nacionalidades diferentes. 03/10/2024
PACO RODRÍGUEZ
Marea solidaria en Ribeira polos afectados pola Dana. 03/11/2024
CARMELA QUEIJEIRO
Usuarios da asociación Creba piden apoio para a súa integración e un traballo digno no día da saúde mental. 11/10/2024
CARMELA QUEIJEIRO
Colleita de oliva galega en Cenlle. 29/10/2024
Santi M. Amil
Imaxe no Salón Internacional de Turismo, Xantar, en Ourense. 24/10/2024
Santi M. Amil
Empaquetado no CHUO. 16/10/2024
Santi M. Amil
Celebración da patroa da Garda Civil no cuartel de Santa Mariña. 12/10/2024
Santi M. Amil
Daniela coa súa Catrina feita para o altar de mortos da Asociación de Mexicanos en Vigo. 31/10/2024
XOAN CARLOS GIL
Gato nunha tumba do cemiterio municipal de Viveiro. 31/10/2024
PEPA LOSADA
Día de Todos os Santos no cemiterio de Ribadavia. 01/11/2024
Santi M. Amil
Vista nocturna do cemiterio de Tirán en Moaña o día de difuntos. 01/11/2024
XOAN CARLOS GIL
Alumnos e docentes do IES Eduardo Pondal de Santiago participan no túnel do terror con motivo do Samaín. 29/10/2024
PACO RODRÍGUEZ
A asociación cultural infantil Alfaia volveu a provocar o terror un ano máis na súa exposición de Ribeira. 03/11/2024
CARMELA QUEIJEIRO
Dous xogadores do Compostela danse unha aperta trala derrota na fase eliminatoria da Copa do Rei contra o Alavés. 29/10/2024
SANDRA ALONSO
Un dos refuxiados do centro de Silvouta de camiño as clases de español. 25/10/2024
SANDRA ALONSO
Unha veciña da rúa Home Santo pecha o portal do seu edificio cun candado polos problemas de drogas na zona. 16/10/2024
SANDRA ALONSO
Concentración de protesta pola actuación policial nunha manifestación propalestina. 11/10/2024
SANDRA ALONSO
Katy Silva, unha das acusadas polo asasinato de Samuel Luiz rodeada de medios de comunicación, entrando na Audiencia Provincial de A Coruña na segunda sesión do xuizo. 17/10/2024
ANGEL MANSO
María Luisa Lence ten 89 anos que leva sete vivindo rodeada de humidades, en condicións insalubres no barrio das Flores. A Coruña. 04/10/2024
ANGEL MANSO
Campionato de España de surf disputado na praia do Orzán, na Coruña. 20/10/2024
ANGEL MANSO
Guillermo Fernández, director da oenegé Ecodesarrollo Gaia, xunto a dous xóvenes senegaleses que buscan regularizar a súa situación para encontrar emprego no sector da construcción. 20/10/2024
MARCOS MÍGUEZ
O fotógrafo Nick Knight estrea exposición en Galicia: «A intelixencia artificial supón un salto moi interesante, non quero quedarme no pasado, hai que crear un futuro digno de ver». 18/10/2024
MARCOS MÍGUEZ
Exposición "Arte bajo la piel", na Cidade da Cultura. 24/10/2024
XOAN A. SOLER
A artista madrileña Raquel Rey, afincada en Rianxo móstranos o seu autorretrato. 10/10/2024
CARMELA QUEIJEIRO
Unha das actuacións na Gala Galicia Ilusiona. 11/10/2024
SANDRA ALONSO
Arroupado polos rapaces que el mesmo adestra, Kiko Rey, viveirense, ex xogador de primeira división co Salamanca e co Viveiro, sofre ELA. 18/10/2024
PEPA LOSADA
A caza menor arranca en Galicia sen grandes pretensións. 23/10/2024
BASILIO BELLO
Consiguen capturar un xabarín na cidade da Coruña despois de dispararlle máis de cinco dardos tranquilizantes. 18/10/2024
MARCOS MÍGUEZ
Comentarios