O círculo

María Esther Rúa

AL SOL

15 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Saín da casa á présa, tiña que darlle o primeiro paseo da mañá á doce amiga e compañeiraque reside na miña vida. Como me presta o fresco da mañá!, camiño paseniño, como seaprésa xa non tivese sentido no reinado do amencer. Un laído chega dalgún lugar, miro arredor... nada. Continúo na clarencia da mañá chuviosa. De súpeto alí estaba, tirada no chan, unha muller que pedía axuda. Achégome axiña a socorrela.

—Non sei como fixen, que pasou, pero caín no medio do camiño.

Por sorte traio o móbil echamei ao meu home, que está de camiño. Durante un intre pensei en todo o meu día, nas xestións inaprazables, no desexo de rematar cando aínda non comezara, no cansazo, pero non podía deixala alí esperando ao seu maridoaínda que non presentase danos graves.

—Non se preocupe, agardo con vostede mentes chega. Tranquila, todo vai estar ben. Mentres a axudo a incorporarse comezo a ver os seus ollos; paréceme recoñecer a súa cara, algo familiar... será veciña da mesma rúa... por fin chegou o marido e saio correndo cara á Notaría.

Atendo as xestións que me ocupanepreocupan e que neste momento estanme a afogar, pero por sorte aínda podo crer nas persoas. Corro entre a chuvia e cando chego a casa atopo a Candelaria, sempre co seu sorriso, noquefacer das labores cotiáns. Sempre sinto unha especie de forza, de alegría, de enerxíaepositividade canto a teño preto. De súpeto tropezo nalgo que está polo chan, parece queserompeu un prato (a cadela xogando coa gata). Moita dor. Correndo a Urxencias. Moita xente. Dor. Angustia. Unha man axúdame a levantarme e dime que estou de sorte:

—Ten vostede un corte importante, pero afortunadamente hoxe contamos coa mellor das nosas cirurxiá: Parece que esta mañá caeu na rúa ao saír a correr pero un tipo xenial axudouna e puido acudir ao seu traballo. Non se preocupe. Tranquilo, todo vai saír ben.

María Esther Rúa. Funcionaria. 43 anos. Santiago.