Sen dúbida. Unha das peores sensacións polas que poida pasar calquera sexa amar sen saber como facelo. Porque non é fácil amar. Amar a outra persoa e non saber se o estás facendo ben. E máis aínda cando sabes que a liberación desa dúbida ou temor lle pertence á outra parte. Á parte amada. E non falo de palabras. Falo doutro expresar. Doutro dicir. Falo dunha maneira emocionada e cómplice de compartir. O cal tampouco nos librará dos medos e inseguridades no momento de amar. De entregarse. De cuestionarse.
Incluso cando ao teu arredor todo estea da túa parte. Da vosa parte. Da parte dos que se aman e das que se aman. E posiblemente sexa tamén por iso que o amor se sosteña sempre sobre a fraxilidade. Unha fraxilidade ao mesmo tempo cruel e sincera. O que provoca que dun día para outro todo poida virse abaixo. E aínda que despois o desexo e a necesidade nos fagan recoller os restos para intentar volver a recompoñelo todo. Ou non!
Manuel Iglesias. Libreiro. 53 anos. Carballiño.