Fiuncho, un bonito can mestizo branco e castaño. Mais o seu amigo Azabache , un gatiño negro de fermosos ollos verdes. Estaban moi preocupados por Ofelia, a humana coa que vivían, non sabían se era cousa da idade pero últimamente facía cousas bastante raras. A última fora xusto este domingo.
O conto é que Ofelia fora á feira de Lestedo e, ademáis de comprar algunhas prantas para o xardín, uns churros e cadanséu chourizo para Fiuncho e Azabache tamén trouxera un peixe morto e disecado…. pero o peor non era eso, o malo é que o metera nun capacho de auga no lavadero e cada 2-3 horas iva cambiarlle a Auga.
Fiuncho e Azabache estaban moi tristes véndoa facera quilo pois estaban totalmente seguros de que a pobre non ía conseguir desa maneira resucitar o peixe (que en vida fora un Bacallao). Pero tampouco querían que Ofelia se desgustara así que idearon un plan. Despois de falalo entre os dous decidiron secuestrar un dos peixes de cores das nenas dos veciños e cámbialo polo bacallao.
Así que Fiuncho ocupouse de distraer ós veciños achegándose a eles meneando o rabo con alegría e tumbándose para que lle rañaran a barriga (cousa que a el lle encantaba e a eles lle facía moita gracia) e mentras Azabache con gran habilidade entrou por unha das ventás e ós poucos segundos saía con un peixiño na boca. Unha vez que Fiuncho viu que a “operación secuestro” estaba finalizada voltou correndo para a casa a fin de dar o cambiazo.
Cando chegou, Azabache xa botara o peixe no capacho que estaba nadando tan tranquilo así que Fiuncho procedeu a quitar o peixe morto (bacallao xa desalgado despois de tanto cambio de auga) e, tras comer boa parte del axudado por Azabache, enterrou o resto nunha esquina da eira para que Ofelia non o atopase.
A verdade e que Fiuncho mais Azabache pasaban moitos traballos por culpa das rarezas de Ofelia e para evitar que se desgustase pero, sen dúbida, todo valía a pena para que ela fose feliz. Seguro que o luns pola mañán cando fose ó lavadero e vira o pequeno peixe nadando no capacho se ía poñer moi contenta pensando que o cadáver que trouxera da feira de Lestedo resucitara.
Ofelia Cacho. Costureira. 72 anos. Boqueixón.