Carta de despedida dunha mestra

Sonia Nogueiras

AL SOL

28 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A vós… que me queredes sen dubidar, que me abrazades sen avisar, que me bicades inesperadamente, que compartides sen pensar en nada. Quero hoxe, despois desta intensa e fructífera viaxe ao longo destes anos, rendirvos unha merecida homenaxe.

Chegastes ao noso cole, chegastes a miña vida un 11 de setembro do 2019 ás 9:30h. Tan pronto vin as vosas cariñas souben que a maxia acontecería, a intuición e o sentimento nunca enganan.

As primeiras merendas xuntos, os primeiros cambios de mandilóns, o descubrimento dun novo fogar, o achegamento a presenza de persoas extrañas, a incorporación de novos retos e aprendizaxes… e no medio de toda esta adaptación, un día resoa, coma saída dunha caixa de música, a palabra... mamá! Entón, xa tes a certeza de que as pezas do crebacabezas comezan a encaixar, de que esas prantiñas novas que afincaches no teu xardín comezan a enraizar e tan só queda seguir atentos para que medren sen que nada lles falte.

Pouco a pouco comezastes a camiñar con soltura e a correr libres buscando diferentes direccións, as expresións conteñidas fluían para manifestar opinións, reclamar dereitos, implorar perdóns e a convivencia tornouse ledicia, goce, xogo, diversión…e cada día era un novo despertar. Ata que, de súpeto, o monstro invisible nos separou. E novamente tivemos que artellar estratexias para retomar a maxia roubada. Creamos vínculos máis aló dunha pantalla, e xuntos coidando os uns dos outros, apoiándonos, axudándonos, compartindo as ensinanzas , rindo e gozando de cada intre, creamos un código secreto. Entón, os feitizos comezaron a espallarse, os soños convertéronse en realidades e o resto do mundo viu o brillantes que sodes. E nese discorrer, un día voltamos a nosa cova máxica. Alí protexidos, perdemos o medo e seguimos navegando unidos para descubrir e explorar un mundo novo cheo de sabedoría. A sabedoría que nos forma coma persoas para que sexamos libres, para que sexamos libres e poidamos elixir sen ataduras aquilo que nos faga ser felices.

Quérevodos libres e felices!

O voso recordo no meu corazón!

Sonia Nogueiras. Mestra. 51 anos. Ourense.