«Aquí é difícil que chegue a marea negra do Prestige»

La Voz LA VOZ | O VICEDO

A MARIÑA

A patrona maior vicedense insistía onte no clima de normalidade e tranquilidade que, segundo ela, se vivía no litoral do seu concello

22 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Mentres todo o litoral galego, incluso o veciño país francés, estaban alerta e preparaban medidas en previsión de que chegara ás suas costas os verquidos do Prestige , a patrona maior do Vicedo destilaba seguridade. Cando desde este periódico a chamaron ontes pola mañá, habida conta que este é o primeiro concello mariñano que se atopa na ruta da marea negra, a presidenta da confraría e tamén concelleira do Vicedo afirmou: «Aquí é difícil que chegue a marea negra. O temporal calmou desde ontes. Temos plena tranquilidade. Todo o mundo dice que é difícil que chegue aquí». -¿Non retiran o producto da praia en previsión de que si poideran chegar aquí os verquidos? -Non. Aquí estamos traballando con toda normalidade, polos días que tiñamos concedidos pola Consellería de Pesca. Todo vai cunha normalidade absoluta, os mariñeiros van ó mar; non hai ningunha alteración. -¿Subiron os prezos de cotización do marisco debiso ó que está pasando cos verquidos? -Non, xa lle digo que aquí vai todo con normalidade. Non houbo variación ningunha. -Logo, aquí non están tomando medida algunha, por prevención. -Eu de momento non lle vou contestar. A Consellería de Pesca tennos convocados ás seis da tarde (de ontes) en Santiago a tódolos patróns maiores de tódalas confrarías de Galicia. Ven Loyola de Palacio e Carmen Fraga para falar do barco. Eu vou ir. Personalmente eu penso que esto afecta a toda Galicia e a Consellería de Pesca está preocupada, é normal. Eu vexo que todo o que se está facendo é normal, é o correcto. Eu vou ir á reunión, naturalmente.